Noticias
Blog
Concentración en Ourense en defensa da igualdade de todos os españois
Máis de 4.000 persoas responderon á convocatoria do Partido Popular de Ourense para defender, o domingo 12 de novembro, a igualdade de todos os españois cunha concentración na explanada do Auditorio municipal de Ourense, onde o presidente da xestora provincial, Luis Menor, leu un manifesto que di o seguinte:
Hoxe escóitase aos españois cunha soa voz desde as prazas de todo o país. Hoxe España é un clamor pola igualdade, a dignidade, a xustiza, a convivencia e a diversidade. En cada recuncho do noso territorio dicimos: Non ao privilexio. Non á impunidade. Non á amnistía.
Somos unha nación con séculos de historia que nunca calou nin vai calar ante a desigualdade e que sempre soubo sobrepoñerse ás dificultades. Fixémolo tamén cando o separatismo catalán deu un golpe á Constitución e a convivencia e volverémolo facer agora que o volve intentar liderado por aquel que debería ser o primeiro en impedilo.
Hai 45 anos os españois aprobamos masivamente unha Constitución coa que construímos unha democracia de cidadáns libres e iguais, asentada sobre a unidade e a pluralidade, cuns poderes públicos sometidos á lei e o Estado de dereito. Convertémonos nun exemplo en todo o mundo.
E volverémolo ser con esta reacción firme e serena do pobo español ao ataque que sofre a nosa Carta Magna, a división de poderes e as bases mesmas da nosa democracia.
Nesta ocasión, a ameaza redóbrase porque é o presidente do Goberno o que, tras perder as eleccións e coa única intención de perpetuarse no poder, se puxo á fronte do movemento independentista que busca derrotar ao Estado, buscando romper a igualdade entre os españois, amordazando a xuíces e fiscais e humillando ao noso país.
Están a vender a liberdade e a igualdade dos españois e fano como adoitan facelo os delincuentes: ás agachadas, ocultándose, enganando. A gobernabilidade do noso país decidiuse fóra do noso país. Fóronse fóra de España no seu intento de destruír a democracia española. Non dan a cara.
Nós si. Non nos escondemos. Non nos poñemos de xeonllos ante os que odian a democracia. Tampouco nos imos lonxe, senón que saímos ás rúas e prazas da nosa nación, orgullosos da nosa democracia, orgullosos dos nosos xuíces, dos nosos policías, dos nosos cidadáns, da nosa Constitución. Orgullosos de España.
Estamos xuntos, a pesar de que queren dividirnos. Estamos ante un desafío á nosa democracia que require a reacción dos demócratas, sen distinción de ideoloxía. Aqueles que hoxe miran a outro lado e non fan nada, aínda sendo conscientes da gravidade do ataque, arrepentiranse no futuro de ser cómplices coa súa pasividade nun momento clave da nosa historia.
Queremos vivir nesa España rota e desigual que pactaron lonxe de España? Queremos unha nación así para os nosos fillos? Non. Queremos que a liberdade, a igualdade e a convivencia sigan marcando o noso horizonte.
Imos dar a batalla contra a impunidade. Farémolo nas institucións, nos parlamentos, nos tribunais de xustiza, na Unión Europea e, si, tamén nas rúas. De forma pacífica, cívica e lexítima. Como estamos a facer hoxe.
Fronte á desestabilización e a deterioración ao que están a someter ás institucións, comprometémonos a fortalecelas. Fronte ao intento de acabar coa lei, comprometémonos a garantila.
É hora de preguntarnos que podemos facer polo noso país. Este é o camiño. A indignación que sentimos ha de converterse nun clamor que se oia en toda España e chegue a todas as democracias amigas. Porque a democracia europea está en xogo cando a democracia española está en perigo.
Queren o noso silencio, pero van ter unha resposta serena e firme. Temos a convicción de que a democracia española prevalecerá. Algún día a historia contará que España se puxo en pé, con serenidade e firmeza, para dicir basta e para defender a igualdade entre os españois.
Galicia non se rende!