Noticias
Blog
A xestora do PP de Ourense cidade inicia a súas sesións de traballo para coordinar a actividade política e municipal
6, outubro, 2023. A xestora local do Partido Popular de Ourense, presidida por Victoria Núñez, mantivo esta tarde a súa primeira reunión de traballo logo da súa designación na xunta directiva provincial celebrada o pasado martes.
Na primeira convocatoria deste órgano, os dezaseis membros –dez persoas nomeadas polo partido e os seis concelleiros afiliados ao PP- estableceron pautas de coordinación para a súa actividade política e municipal, que ten como fin deseñar a folla de ruta de traballo na formación local.
Nesta liña, a sesión de hoxe incluíu tamén unha primeira toma de contacto cos responsables dos distritos da cidade, aos que se trasladou os eixos desta nova etapa, que pasan por recuperar e ampliar a base de afiliados do partido, ademais de simpatizantes e cidadáns que se sintan identificados e próximos aos valores do Partido Popular.