Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Victoria Núñez propón “recuperar, incorporar a novas persoas e ampliar a base do partido” como primeiro obxectivo da nova etapa do PP na cidade

Imprimir ppou - 03-Outubro-2023 - 15:18:06 


• Afirma que enfronta o reto de “conectar con todas as persoas que confían e confiaron no PP e que se senten identificadas cos valores da nosa formación”

• Destaca que as persoas que lle acompañarán na xestora “cumpren todos os requisitos que debe ter un bo equipo: veteranía, xuventude e incorporacións efectivas ás filas do Partido Popular”

• Aposta por “ensanchar a base” para seguir a tendencia de crecemento do PP na cidade, que entre as municipais e as xerais aumentou o apoio en máis de 11.000 votos”

3, outubro, 2023. A presidenta da xestora do PP de Ourense cidade, Victoria Núñez, márcase como primeiro obxectivo para esta nova etapa da xunta local “recuperar e ampliar a base do partido”, sinalando que o reto ao que se enfronta é “conectar con todas as persoas que confían e confiaron no PP e que se senten identificadas cos valores da nosa formación”.

  
  
Victoria Núñez, elixida onte como presidenta da xestora local de Ourense, afirma asumir o reto de situarse en primeira liña “con moita responsabilidade, pero tamén con vocación política que xa me vén de familia”. 

Núñez destaca que as nove persoas que lle acompañarán na xestora “cumpren todos os requisitos que creo debe ter un bo equipo: veteranía, conservando a esencia e cultura do traballo do PP; xuventude, con presenza na primeira liña orgánica e de representación dentro do partido; e persoas que se incorporan de xeito efectivo ás filas do Partido Popular, subliñando a tendencia crecente da formación”.

Ademais, destaca a participación dos seis concelleiros do PP, que tamén integran a xestora como membros natos, “pois son os responsables de defender, día a día, os intereses da veciñanza de Ourense”.
“Novas persoas e un equipo forte” que se poñen a disposición do partido para traballar nas máis diversas áreas de interese para a cidadanía, engade Victoria Núñez.

A presidenta da xestora aposta por ir “ensanchando a base da nosa formación para seguir a tendencia de crecemento do PP na cidade, que en apenas dous meses, entre as eleccións municipais e as xerais, aumentou o apoio en máis de 11.000 votos”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: