Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Manuel Cabezas 2023
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Luis Menor presenta a súa renuncia como senador para “centrarme nas responsabilidades provincial e local”

Imprimir ppou - 05-Septembro-2023 - 13:39:56 


• Cumprindo o seu reiterado compromiso de “non acumular cargos”

• Agradecido a cantos electores “depositaron a súa confianza na miña persoa”, afirma que a partir deste momento “dedicarei todos os meus esforzos a cooperar cos pequenos concellos da nosa provincia e a mellorar a calidade de vida dos meus veciños en Pereiro”
 
• Será substituído na Cámara Alta por Francisco José Fernández, alcalde de Leiro, que xa ocupou un escano por Ourense na pasada lexislatura

5, setembro, 2023. O senador Luis Menor vén de presentar a súa renuncia ao escano na Cámara Alta como representante do Partido Popular pola provincia de Ourense, para “centrarme nas responsabilidades provincial e local” como presidente da Deputación e alcalde do Concello de Pereiro de Aguiar.

Con este paso, Luis Menor cumpre o seu compromiso de “non acumular cargos”, tal e como manifestou reiteradamente logo de ser proposto como candidato á presidencia da Deputación de Ourense, cargo ao que accedeu o pasado 17 de xullo.

Menor fixo un agradecemento expreso a cantos electores “depositaron a súa confianza na miña persoa” como candidato a un escano no Senado polo Partido Popular de Ourense nas pasadas eleccións xerais do 23 de xullo. A partir deste momento, afirmou, “dedicarei todos os meus esforzos a cooperar cos pequenos concellos da nosa provincia e a mellorar a calidade de vida dos meus veciños en Pereiro, aos que tamén reitero o meu agradecemento polas continuas mostras de apoio”.

FRANCISCO JOSÉ FERNÁNDEZ REGRESA AO SENADO
Luis Menor, que tomou posesión do seu escano como senador o 17 de agosto, será substituído por Francisco José Fernández, alcalde de Leiro, que tamén ocupou o cargo de senador na pasada lexislatura.

Fernández (Cortegada, 1959), é licenciado en Farmacia. Alcalde de Leiro desde 1995 ata a a actualidade, xa representou a Ourense na Cámara alta na X, XI, XII, XIII e XIV lexislaturas, sendo ademais vicepresidente primeiro da comisión de Sanidade e Servizos Sociais, vocal na comisión de Suplicatorios e Entidades Locais e portavoz na comisión de Adiccións. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: