Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Manuel Cabezas 2023
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Ana Villarino: “Os partidos responsables da moción de censura no Concello do Irixo deberán explicarse ante os veciños e veciñas”

Imprimir ppou - 30-Agosto-2023 - 10:01:16 


• A secretaria xeral do PPdeOU define a moción de censura como “o resultado dun proceso no que o interese xeral quedou desterrado ante os intereses particulares duns poucos”

• “Os partidos perdedores do 28M terminaron chegando a un acordo que desfigura e retorce o mecanismo da moción de censura. Porque aquí non censuran un goberno senón que reparten cargos”

• “A política serve para outra cousa. No PPdeOU témolo moi claro, e por iso traballaremos con aínda máis forza polo presente e futuro deste concello”, remarcou Ana Villarino

29, agosto, 2023. A secretaria xeral do PPdeOU, Ana Villarino, definiu a moción de censura desenvolvida esta mañá no Concello do Irixo contra o alcalde popular, Manuel Cerdeira, como “o resultado dun proceso no que o interese xeral quedou completamente desterrado ante os intereses particulares duns poucos”. 

“E agora, que? Os partidos responsables desta moción de censura”, preguntouse Villarino, “deberán explicar aos veciños e veciñas do Irixo as razóns verdadeiras do acontecido hoxe no salón de plenos, apenas dous meses despois de terse constituído a Corporación municipal”. 

“O Partido Popular gañou as eleccións no Irixo”, lembrou a secretaria xeral do PPdeOU, “e os partidos perdedores nas eleccións municipais do pasado 28 de maio terminaron chegando a un acordo que desfigura o mecanismo da moción de censura. Porque aquí non están a censurar a un goberno senón que están a repartirse cargos sen ningún tipo de disimulo nin escrúpulos”. 

“A política non é, dende logo, o que vimos esta mañá no Concello do Irixo. Non é antepoñer o individual fronte ao colectivo, nin é reducir todo a cuestións persoais. No PPdeOU témolo moi claro, e por iso traballaremos aínda con máis forza polo presente e o futuro deste concello”, remarcou Ana Villarino. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: