Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “O PPdeOU estivo hoxe no Castelo de Soutomaior para apoiar a un dos seus, Alberto Núñez Feijóo”

Imprimir ppou - 30-Agosto-2023 - 09:59:00 

• O presidente provincial do PPdeOU asistiu esta mañá ao tradicional acto de apertura do curso político dos populares, presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo, gañador das eleccións xerais do 23X e candidato á investidura como presidente do Goberno

• Ao remate do acto, Manuel Baltar puxo en valor a figura de Feijóo, “o gañador das eleccións xerais”, e celebrou a potencia electoral do Partido Popular

• “O PP é un partido perfectamente preparado para afrontar o próximo gran reto, que serán as autonómicas galegas en 2024, nas que se ratificará o liderado de Alfonso Rueda e acadaremos a quinta maioría absoluta consecutiva en Galicia”

27, agosto, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, asistiu esta mañá en Pontevedra á tradicional apertura do curso político do PP, celebrado no Castelo de Soutomaior e presidido polo ourensán Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular e candidato á investidura como presidente do Goberno.

  
  
“Gran participación dos representantes do Partido Popular de Ourense no inicio do curso político en Soutomaior”, sinalou despois do remate do acto en Pontevedra Manuel Baltar, que tamén incidiu no simbolismo de volver a celebrar este acto no castelo pontevedrés: “Volvemos a este lugar emblemático, despois de anos en que estivera prohibido por razóns sectarias e partidistas, pero a recuperación da Deputación de Pontevedra nas pasadas eleccións municipais fixo que hoxe volveramos a este punto de encontro, para afianzar o liderado de Alberto Núñez Feijóo, proposto pola Súa Maxestade o rei á investidura como presidente do Goberno”. 

“Alberto Núñez Feijóo obtivo o respaldo maioritario dos españois o 23X”

“Despois de acadar os mellores resultados de España o 23X”, remarcou Manuel Baltar, “o Partido Popular de Ourense volve novamente a apoiar a un dos seus, ao militante máis destacado do partido, que obtivo o respaldo maioritario dos españois o pasado 23 de xullo”. 

“Este curso político arranca despois das vitorias nas eleccións municipais e nas eleccións xerais, e co debate de investidura en setembro”, analizou Manuel Baltar antes de destacar a potencia do PP: “Este é un partido perfectamente preparado para afrontar o próximo gran reto, que serán as eleccións autonómicas galegas en 2024, ratificando o liderado de Alfonso Rueda e acadando a quinta maioría absoluta consecutiva”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: