Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar presentou esta mañá as súas credenciais como senador

Imprimir ppou - 04-Agosto-2023 - 09:55:25 


2, agosto, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, presentou esta mañá no Senado, en Madrid, as súas credenciais de senador. 

Resoltos os trámites que o acreditan como senador na XV Lexislatura por designación autonómica -foi elixido o pasado venres no Parlamento de Galicia, a proposta do Grupo Parlamentario do PPdeG-, Manuel Baltar incidiu no “tremendo orgullo e a altísima responsabilidade que supón poder representar a Ourense e a Galicia na Cámara Alta”. 

  
  
“O Senado é a Cámara de representación territorial do Estado. Reforzar isto e seguir avanzando na vertebración territorial de España dende as institucións debe ser un traballo colectivo e un obxectivo prioritario para todos”, sinalou Manuel Baltar antes de explicar que “achegarei, con toda a humildade, a miña experiencia a esta cámara lexislativa estatal, despois da miña etapa no Parlamento de Galicia -na que tiven a honra de ser vicepresidente primeiro- e presidir durante once anos a Deputación de Ourense. Farei todo por Ourense e por Galicia”.  

A presentación de credenciais é o paso previo ao acatamento da condición de senador, que será o vindeiro 17 de agosto, día no que se constituirán as Cortes Xerais e arrancará a XV Lexislatura. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: