Noticias
Blog
Manuel Baltar, senador por designación autonómica: “Loitarei por Ourense e Galicia”
28, xullo, 2023. O presidente provincial do PPdeOU, Manuel Baltar, foi elixido esta mañá no Parlamento de Galicia senador por designación autonómica, despois de ser proposto polo Grupo Parlamentario do Partido Popular.
Manuel Baltar agradeceu a confianza do PPdeG e do seu presidente, Alfonso Rueda, e amosou o seu “orgullo e compromiso con esta designación”, lembrando que supón un “novo reto na miña carreira no servizo público”.
Despois da súa etapa no Parlamento de Galicia (2001-2012), e como presidente da Deputación de Ourense (2012-2023), o presidente provincial do PPdeOU avanzou que, agora no Senado, “loitarei por Ourense e Galicia, achegando a miña experiencia pública e aprendendo día a día”. Tamén insistiu na importancia de traballar para “facer efectivo o artículo 69 da Constitución e que realmente o Senado sexa unha Cámara de representación territorial”.
“Vamos ao Senado con toda a forza, con todas as gañas de aportar e con todas as gañas de facer un gran traballo”, sinalou Manuel Baltar, que foi elixido senador por designación autonómica xunto ao alcalde de Ferrol, o popular José Manuel Rey Varela, e Carme da Silva, concelleira nacionalista en Pontevedra.