Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos populares destacan que Alberto Núñez Feijóo aliviará a presión fiscal dun xeito inmediato ás familias

Imprimir ppou - 24-Xullo-2023 - 10:17:41 


“Corrixiremos os efectos da inflación na tarifa do IRPF, que supón unha suba real de impostos sobre a clase media”, sinalou a cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, que estivo acompañada por candidatos populares ourensáns ás Cortes Xerais 

Ana Belén Vázquez detallou os puntos fundamentais do programa fiscal do Partido Popular, como é a “reforma integral do sistema fiscal, con criterios de eficacia, equidade e sostibilidade dos servizos públicos, para protexer o aforro e os investimentos, e fomentar a creación de emprego”

A número 3 ao Senado, Rosa Sánchez, resaltou a importancia para o sector das peluquerías da baixada do IVE do 21 ao 10%, avanzada esta semana por Alberto Núñez Feijóo

24, xullo, 2023

• Na súa intervención, na rúa do Paseo, a cabeza de lista ao Congreso destacou o compromiso de Alberto Núñez Feijóo con “aliviar a presión fiscal dun xeito inmediato ás familias españolas”

  
  
• “Corrixiremos os efectos da inflación na tarifa do IRPF, que supón unha suba real de impostos sobre a clase media, ademais de reducir temporalmente o IVE á carne, o peixe e as conservas”, remarcou Ana Belén Vázquez, que estivo acompañada esta mañá en Ourense por candidatos e candidatas populares ao Congreso e ao Senado

• “É o momento das familias, de facilitar o seu día a día”, sinalou a cabeza de lista popular, que lamentou a “completa inacción do Goberno de Sánchez”

• Ana Belén Vázquez tamén detallou o compromiso do Partido Popular cunha “reforma integral do sistema fiscal, con criterios de eficacia, equidade e sostibilidade dos servizos públicos, e destinada a protexer o aforro, os investimentos e a fomentar a creación de emprego”

• Entre outras medidas, a cabeza de lista popular por Ourense avanzou a simplificación do IRPF e do imposto de Sociedades para as pemes, ademais de rebaixar o IVE das peluquerías do 21 ao 10%

ROSA SÁNCHEZ: “A BAIXADA DO IVE AXUDARÁ A MANTER O EMPREGO NAS PELUQUERÍAS, UN SECTOR MOI CASTIGADO NOS ÚLTIMOS ANOS”

• Pola súa banda, a número 3 ao Senado por Ourense, Rosa Sánchez, afondou na importancia para o sector das peluquerías da baixada do IVE do actual 21% ao 10%, medida avanzada por Alberto Núñez Feijóo esta semana

• “O sector leva pedindo esta medida durante moito tempo. Sen dúbida, será moi importante para manter os postos de traballo dentro dun sector con moitos autónomos e pemes, cun alto porcentaxe de mulleres traballando e con capacidade para facilitar a empregabilidade de persoas mozas”

• Rosa Sánchez lembrou que os deputados populares ourensáns solicitaron esta medida en numerosas ocasións na última lexislatura, “unha demanda que foi denegada unha e outra vez por un Goberno completamente insensible”

• “O sector das peluquerías foi moi castigado pola pandemia: perdéronse un 40% de postos de traballo, a facturación descendeu un 26% nos últimos tres anos e os custos aumentaron un 28% pola suba da enerxía e outros gastos”, analizou a candidata popular, que celebrou “o compromiso de Alberto Núñez Feijóo”


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: