Noticias
Blog
Manuel Baltar: “Este domingo, a papeleta do PP significa apostar polo futuro de Ourense e por abrir un novo ciclo político en España”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado: “Fronte a un Pedro Sánchez incapaz de saír á rúa, Alberto Núñez Feijóo é o candidato da xente”
A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, lembrou os continuos agravios de Pedro Sánchez a Ourense, como abandonar a A-76 e a A-56 ou negarse a rebaixar a peaxe da AP-53
20, xullo, 2023
• Na súa intervención desta tarde en Xinzo de Limia, o líder provincial do PPdeOU remarcou a importancia dos comicios deste domingo: “Estamos a tres días dun momento decisivo. Por iso, cada voto é necesario para desterrar o ‘sanchismo’ e recuperar o camiño do progreso a través do liderado dun ourensán, Alberto Núñez Feijóo”
• ”Este domingo, a papeleta do Partido Popular significa apostar polo futuro de Ourense e abrir un novo ciclo político en España”, destacou Manuel Baltar no mitin, celebrado esta tarde na Casa da Cultura de Xinzo
• “Queremos lealdade institucional. Queremos un Goberno que goberne para as maiorías e non maniatado polas minorías. Queremos un Goberno que solucione problemas e que non os provoque. E para acadar isto, o domingo so hai unha opción: votar ao Partido Popular”
• “Alberto Núñez Feijóo non precisa ser presentado hoxe aquí. En Xinzo e na comarca da Limia, coma en toda a provincia de Ourense, coñecemos perfectamente a súa forma de entender a política, que premiamos con catro maiorías absolutas consecutivas. E estas son as credenciais coas que chegará o domingo á La Moncloa”
• O líder provincial do PPdeOU insistiu no obxectivo de acadar o terceiro deputado en Ourense: “O 3-1 é fundamental, simbolizará a vitoria do ourensán Alberto Núñez Feijóo. E para iso estamos a traballar, apoiados na potencia da maquinaria do PPdeOU e o que supón contar cun candidato como o ourensán Alberto Núñez Feijóo”
PAULA PRADO: “A CONFIRMACIÓN POR PARTE DE BRUXELAS DE QUE AS AUTOVÍAS SERÁN DE PAGO A PARTIR DE 2024 É UNHA NOVA HIPOTECA E UNHA NOVA MENTIRA DESTAPADA DO GOBERNO DE SÁNCHEZ”
• Pola súa banda, a secretaria xeral do PPdeG referiuse á confirmación por parte de Bruxelas de que as autovías españolas serán de pago a partir de 2024 e cualificou a medida como “unha nova hipoteca e unha nova mentira destapada do Goberno de Sánchez”
• Tras explicar os efectos negativos que esta decisión vai supoñer para os veciños da provincia de Ourense que empregan cada día a A-52, Paula Prado amosouse esta tarde moi crítica co feito de que Sánchez sume así un novo incumprimento con Galicia en materia de infraestruturas
• Aproveitou tamén a súa intervención para destacar da visita de Mariano Rajoy hoxe a Galicia que, a diferencia de Pedro Sánchez, os representantes do Partido Popular si poden saír á rúa e ademais reciben alá onde van o apoio e o cariño da ciudadanía
• Pola contra, engadiu Paula Prado, Pedro Sánchez veu hoxe a Galicia pero “para encerrarse nun auditorio” e demostrar que “é incapaz de estar preto da xente”
• “O Partido Popular ten un candidato que representa o sentir dos veciños e das veciñas do lugar onde vai porque Alberto Núñez Feijóo é o candidato da xente, tal e como se verá o domingo nas urnas”, concluíu a secretaria xeral do PPdeG
ANA BELÉN VÁZQUEZ: “GALICIA FOI SEMPRE UN TERRITORIO DE TERCEIRA PARA PEDRO SÁNCHEZ, QUE DECIDIU AS GRANDES INVERSIÓNS BAIXO O ÚNICO CRITERIO DE PERMANECER NA MONCLOA”
• Na súa intervención, a cabeza de lista do PP ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, lembrou os “continuos agravios de Pedro Sánchez a Ourense, como deixar nun caixón a A-56 e a A-76, dúas autovías fundamentais para a vertebración da provincia, ou negarse a rebaixar a peaxe da AP-53”
• “Ourense e Galicia sempre foron territorios de terceira para Pedro Sánchez, un presidente que ao longo destes cinco anos decidiu as grandes inversións baixo un único criterio: permanecer na Moncloa atendendo as esixencias dos seus socios de Goberno”, recalcou na súa intervención Ana Belén Vázquez
• Fronte á discriminación do PSOE, Ana Belén Vázquez reafirmouse no compromiso de Alberto Núñez Feijóo coa provincia: “Cada voto ao Partido Popular é un voto para Ourense. Porque ninguén mellor que Feijóo pode ser valedor do futuro de Ourense, porque é o futuro presidente de España e coñece perfectamente as necesidades e potencialidades deste territorio. Por iso, cada voto ao Partido Popular é un voto para Ourense”
• “Estamos a tres días do gran cambio. Estamos a so unhas poucas horas de acadar un cambio histórico. Temos o mellor candidato, o mellor proxecto e o mellor partido. Vamos a gañar, a gobernar e a cambiar as cousas para facer de España un país moito mellor”, destacou a candidata popular
• O acto electoral celebrado esta tarde na Casa da Cultura tamén contou coas intervencións da cabeza de lista ao Senado por Ourense, Carmen Leyte, e do presidente local do PP, Antonio Fernández.