Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Cada voto conta, cada voto é imprescindible. Estamos a cinco días dun cambio histórico en España da man do ourensán Alberto Núñez Feijóo”

Imprimir ppou - 18-Xullo-2023 - 20:01:19 


A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez: “Somos o único partido que garante o cambio que España necesita. E o queremos facer cunha gran maioría popular, sen coalicións, e tendo moi en conta a toda a sociedade”

18, xullo, 2023

• Na súa intervención desta tarde en Celanova, o líder provincial do PPdeOU insistiu na importancia de votar o vindeiro 23 de xullo: “Cada voto conta, cada voto é imprescindible. Estamos a cinco días dun cambio histórico en España da man do ourensán Alberto Núñez Feijóo”

• “O 23 de xullo é o momento de recuperar a concordia e a estabilidade política. O 23 de xuño acadaremos nas urnas unha ampla maioría, que permitirá superar os bloques e a polarización a través dun goberno forte e sólido do Partido Popular”, recalcou Manuel Baltar

  
  
• “Alberto Núñez Feijóo é sinónimo de saber facer as cousas ben. En Galicia coñecemos perfectamente a súa capacidade de xestión, a súa previsibilidade e ese sentidiño que premiamos con catro maiorías absolutas consecutivas. E esta é a carta de presentación que anticipa a vitoria deste domingo e o futuro goberno do Partido Popular”, destacou Manuel Baltar no mitin, celebrado no Parque da Alameda de Celanova

• O líder provincial do PPdeOU volveu a insistir na importancia de conseguir o terceiro deputado por Ourense: “O domingo deixaremos o marcador nese 3-1 co que contribuiremos á chegada dun ourensán a La Moncloa. Este é o noso gran obxectivo, e para iso estamos volcados cada día en recorrer todos os concellos, manter encontros cos veciños e co tecido asociativo ourensán, apoiados no músculo do PPdeOU e, por suposto, na capacidade mobilizadora que ten Alberto Núñez Feijóo, o mellor reclamo destas eleccións para Ourense” 

ANA BELÉN VÁZQUEZ: “ESPAÑA MERECE MOITO MÁIS QUE O QUE PUIDEMOS VER NESTES CINCO ANOS DE ‘SANCHISMO”

• Pola súa banda, a cabeza de lista do PP ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, definiu a Alberto Núñez Feijóo como a “garantía do futuro de España”, remarcando a importancia dos novos cinco pactos da Moncloa propostos onte polo candidato popular para mellorar a calidade da nosa democracia, reforzar o Estado do Benestar, sanear a economía española, facilitar a conciliación familiar e fortalecer  a España das autonomías

• “Somos o único partido que garante o cambio que España necesita. E o queremos facer cunha gran maioría popular, sen coalicións, e tendo moi en conta a toda a sociedade”, recalcou Ana Belén Vázquez

• “España merece moito máis que o que puidemos ver nestes últimos cinco anos de ‘sanchismo’. Merecemos recuperar a concordia, esquecernos dos extremos e facilitar o desenvolvemento dos enormes potenciais que temos en industria, cultura, deporte ou coñecemento”

• A candidata popular lembrou os “continuos desleixos” do Goberno do PSOE coa provincia: “O ‘sanchismo’ deixou a Ourense no caixón. Estes últimos cinco anos son unha continua lista de agravios e abandonos de proxectos fundamentais para a vertebración do noso territorio”

• Ana Belén Vázquez reivindicou os vencellos e o compromiso de Feijóo coa provincia: “El é o mellor valedor do futuro de Ourense. Por iso, cada voto ao Partido Popular é un voto para esta provincia”

• O acto electoral celebrado esta tarde no Parque da Alameda de Celanova contou coa presenza dos candidatos populares ao Congreso e ao Senado, ademais das intervencións da candidata local suplente ao Senado, Ana Fernández; Ethel Vázquez, en representación do PPdeG; e o voceiro local do PP en Celanova, Pablo Pérez.



(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: