Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos ao Congreso e ao Senado visitaron esta mañá as instalacións da EVEGA

Imprimir ppou - 18-Xullo-2023 - 19:53:02 


• Os candidatos ourensáns do PP ao Congreso e ao Senado tamén estarán ao longo da xornada en Castro Caldelas, Barbadás e San Cibrao das Viñas, antes do mitin en Celanova 

18, xullo, 2023. Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais continuaron hoxe coas reunións e visitas sectoriais que están a celebrar ao longo de toda a provincia, nas que están a incidir nos puntos estratéxicos do programa electoral co que se presenta o ourensán Alberto Núñez Feijóo aos comicios do vindeiro 23 de xullo.  

  
  
Rosa Quintana -número 2 ao Congreso-, Miguel Ángel Viso -suplente ao Senado- e Francisco José Fernández -presidente local do PP de Leiro e suplente ao Senado- visitaron esta mañá en Leiro as instalacións da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA). Na visita, os populares estiveron acompañados, entre outros, polo propio director da estación, Juan Manuel Casares, e nela puideron afondar no coñecemento do traballo cotiá dun centro de referencia do viño en Galicia pola labor desenvolvida nos eidos da investigación, innovación e formación. 

Os populares incidiron neste encontro peso específico da viticultura dentro da economía ourensá, destacando a súa capacidade dinamizadora do territorio dentro de todo o traballo desenvolvido polas adegas e os consellos reguladores, co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense, “na potenciación e penetración en novos mercados dun produto, o noso viño, da máis alta calidade”. 

Neste sentido, os candidatos destacaron o compromiso de Alberto Núñez Feijóo con este sector, impulsando medidas de apoio e reforzo ao sector primario para mellorar a competitividade e sostibilidade, ademais de avanzar en liñas estratéxicas como o relevo xeracional no campo ou reforzar a viabilidade do sistema de seguros agrarios. 

VISITA A CASTRO CALDELAS

Os candidatos populares ao Congreso e ao Senado nas eleccións do vindeiro domingo, 23 de xullo, continúan hoxe cos seus encontros e xuntanzas coa veciñanza de toda a provincia. 

Pola mañá, despois do comité de campaña diario, ademais da visita ás instalacións da EVEGA, a cabeza de lista á Cámara Baixa por Ourense, Ana Belén Vázquez, estivo na tradicional feira do día 18 de cada mes en Castro Caldelas, onde estivo acompañada polo presidente do PP local, César Enríquez Diéguez “Cachín”, candidato popular á Alcaldía deste concello -a Xunta Electoral Central ordenou a repetición das eleccións municipais por irregularidades na tramitación do voto por correo-. Vázquez resaltou o “excelente traballo” de Cachín, e definiuno como a “garantía” do cambio que necesita Castro Caldelas. 

Xa pola tarde, os candidatos ourensáns ás Cortes Xerais estarán cos veciños e membros das agrupacións locais do PP de Barbadás e San Cibrao das Viñas, antes do mitin de Celanova (Parque da Alameda de Celanova, 20.30 horas), que contará coas intervencións do presidente do PPdeOU, Manuel Baltar; a cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez; a candidata local suplente ao Senado, Ana Fernández; Ethel Vázquez, en representación do PPdeG; e o voceiro local do PP nesta vila, Pablo Pérez. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: