Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Carmen Leyte exige la supresión del Ministerio de Consumo por ineficaz

Imprimir ppou - 17-Xullo-2023 - 00:42:46 


A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, criticou o “desleixo” do PSOE de Sánchez coa provincia: “Estes cinco últimos anos foron cinco anos perdidos para Ourense, unha terra que nunca foi unha prioridade para o ‘sanchismo’. E fronte a isto, temos a Núñez Feijóo, a mellor garantía para o futuro da provincia”

16, xullo, 2023

• Na súa intervención desta tarde en Cartelle, o líder provincial do PPdeOU destacou a importancia de votar o 23 de xullo: “Quedan sete días para abrir unha nova etapa en España, da man de Alberto Núñez Feijóo e do gran equipo, do gran proxecto do Partido Popular” 

  
  
• “Cada día, na rúa comprobamos a gañas imparables de cambio, as gañas de abrir un novo ciclo político en España. Gobernar para a maioría, sen estridencias nin extremismos. Coa garantía de seriedade que supón as siglas do PP e Alberto Núñez Feijóo”, recalcou Manuel Baltar

• “Alberto Núñez Feijóo significa precisamente todo o que non tivemos nos últimos cinco anos en España. Xestión, rigor, previsibilidade e institucionalidade. Características que os galegos recoñecimos con catro maiorías absolutas consecutivas e que agora marcarán esta nova etapa na Moncloa a partir do 23 de xullo”, destacou Manuel Baltar no mitin desta tarde no Auditorio Municipal de Outomuro

• O líder provincial destacou a importancia de acadar o terceiro deputado popular por Ourense: “Dende o primeiro día falamos do 3-1, este é o noso gran obxectivo para o próximo domingo. Volver a conseguir os tres deputados e contribuír dende Ourense á gran vitoria electoral do ourensán Núñez Feijóo”

• “Dende o minuto un, puxemos toda capacidade mobilizadora do PPdeOU e todos os nosos esforzos nunha campaña que é decisiva. O 23 de xullo xogámonos moito: entre todos contribuíremos á chegada dun ourensán a La Moncloa”, recalcou Manuel Baltar

ANA BELÉN VÁZQUEZ: “ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO É O LÍDER DUN PROXECTO DE XESTIÓN E DE UNIÓN, NO QUE SE PODE CONFIAR E NO QUE CABEMOS TODOS”

• Pola súa banda, a cabeza de lista do PP ao Congreso por Ourense, Ana Belén Vázquez, definiu a Alberto Núñez Feijóo como “o líder dun proxecto de xestión, de unión, no que se pode confiar e no que cabemos todos”

• “Votar Partido Popular o 23 de xullo é votar para acabar co ‘sanchismo’, é votar para acabar coas mentiras, os bloques e os bloqueos que tanto dano fixeron a España nos últimos cinco anos”, recalcou Ana Belén Vázquez

• A candidata popular lembrou como o PSOE abandonou a Ourense: “Esta provincia nunca estivo nas prioridades de Pedro Sánchez. No referido aos proxectos dependentes do Goberno, estes últimos cinco anos foron cinco anos perdidos, nos que non puidemos avanzar en cuestións fundamentais para a provincia como a vertebración territorial”

• Fronte ao abandono do PSOE de Sánchez, Ana Belén Vázquez reivindicou os vencellos e o compromiso de Feijóo coa provincia: “Cada voto ao Partido Popular é un voto á provincia de Ourense. Porque o próximo presidente de España é unha garantía para o futuro de Ourense, que non pode ter un mellor defensor ca un presidente que coñece perfectamente a cada alcalde desta provincia, as demandas, necesidades e potencialidades desta terra”  

• O acto electoral celebrado esta tarde no Auditorio Municipal de Outumuro tamén contou coas intervencións da cabeza de lista do PPdeOU á Cámara Alta, Carmen Leyte, e do presidente local do PPdeOU en Cartelle, Jaime Sousa. E nel estiveron os candidatos populares ao Congreso e ao Senado pola provincia de Ourense. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: