Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Estamos a nove días de celebrar unha gran vitoria de Alberto Núñez Feijóo, o cambio que necesita España”

Imprimir ppou - 17-Xullo-2023 - 00:28:04 


A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez, incidiu na importancia de votar ao PP para rematar coas mentiras de Pedro Sánchez: “Agora coñecemos que en 2024 teremos que pagar polo uso das autovías estatais, unha realidade ocultada e negada en numerosas ocasións por un presidente que volve a demostrar a súa falta de escrúpulos”

14,xullo, 2023

• No ecuador da campaña do 23X, o presidente do PPdeOU destacou na súa intervención desta tarde en Verín a importancia de votar nas vindeiras eleccións xerais: “Estamos a nove días de celebrar unha gran vitoria de Alberto Núñez Feijóo, o cambio que necesita e merece España” 

• ”Este é un momento histórico. Vémolo cada día na rúa. Porque a diferencia do PSOE, nós pisamos cada concello da provincia nunha campaña na que palpamos as gañas de deixar atrás estes últimos cinco anos e recuperar o bo camiño, o camiño da xestión e da altura institucional”, resaltou Manuel Baltar no mitin, celebrado esta tarde no Centro Privado Mercedario de Verín

• O líder provincial afondou na importancia de conseguir na provincia de Ourense o terceiro deputado para o PP: “Dixémolo dende o primeiro día. O noso gran  obxectivo nesta campaña é acadar o 3-1, recuperar ese terceiro deputado e contribuír á gran vitoria do Partido Popular”

• Manuel Baltar: “Estamos apoiados na gran maquinaria electoral do PPdeOU e na potencia do perfil de Alberto Núñez Feijóo, un home que nesta terra non precisa de ningunha presentación. Sabemos perfectamente o que suporá contar cun ourensán na Moncloa. Por iso, cada voto ao PP é un voto para Ourense”

ANA BELÉN VÁZQUEZ: “HAI ILUSIÓN E HAI MOITAS GAÑAS. ESTE É O MOMENTO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO”

• Pola súa banda, a cabeza de lista do PP ao Congreso por Ourense abordou na súa intervención en Verín as “peaxes” de Sánchez: “Votar ao Partido Popular significa rematar coas mentiras de Pedro Sánchez. Agora coñecemos que en 2024 teremos que pagar polo uso das autovías estatais, unha realidade ocultada e negada en numerosas ocasións por un presidente que volve a demostrar a súa completa falta de escrúpulos”

• “Hai ilusión e hai moitas gañas. Xa queda menos para o cambio en España: é o momento de Alberto Núñez Feijóo, este é o momento ”, resaltou a candidata popular

• “Temos un proxecto ilusionante, un gran equipo e as gañas de transformar España e volver a situar as prioridades de España na axenda do Goberno central”, incidiu a cabeza de lista popular ao Congreso por Ourense

• Ana Belén Vázquez lembrou o “completo desleixo” de Pedro Sánchez coa provincia de Ourense e coa comarca de Monterrei, “deixando nun caixón infraestruturas e proxectos clave para o desenvolvemento deste territorio”

• Fronte ao abandono do PSOE, Ana Belén Vázquez puxo en valor o compromiso de Alberto Núñez Feijóo con Ourense: “Coñece cada recuncho desta provincia, cada alcalde, as demandas e necesidades desta provincia. Por iso, Feijóo é un plus electoral para o PPdeOU nestas eleccións xerais pero sobre todo é unha garantía para o futuro de Ourense”

• O acto electoral celebrado esta tarde no Centro Privado Mercedario de Verín contou coa presenza dos candidatos populares ao Congreso e ao Senado, ademais da intervención da candidata local suplente á Cámara Alta, María Luisa Valladares. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: