Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos ao Congreso e ao Senado reivindican a aposta do PP polo medio rural e as políticas sociais

Imprimir ppou - 16-Xullo-2023 - 23:03:17 


• Os candidatos ourensáns do PP ao Congreso e ao Senado visitaron esta mañá a produtores locais en Oímbra e mantiveron unha reunión coa Asociación de Viúvas María Andrea

14, xullo, 2023. Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais continuaron esta mañá coas reunións e visitas sectoriais que están a celebrar ao longo de toda a provincia, nas que inciden nos puntos estratéxicos do programa electoral co que se presenta o ourensán Alberto Núñez Feijóo aos comicios do vindeiro 23 de xullo.  

  
  
As números 1 e 2 ao Congreso pola provincia de Ourense, Ana Belén Vázquez e Rosa Quintana, visitaron esta mañá en Oímbra as instalacións das Adegas Ladairo e a varios produtores hortícolas. As populares destacaron a importancia do sector primario dentro da economía provincial, reafirmando o compromiso do PP co medio rural. Vázquez e Quintana estiveron acompañadas pola secretaria xeral do PPdeOU e presidenta local do PP de Oímbra, Ana Villarino. 

Por outra banda, candidatos ourensáns ás Cortes Xerais mantiveron un encontro en Ourense coa directiva e socias da Asociación de Viúvas María Andrea. Nesta xuntanza, na que tamén participou Miguel Santalices -responsable dos actos sectoriais do PPdeOU nesta campaña-, os populares destacaron o peso específico das políticas sociais dentro do programa de goberno do Partido Popular, con especial foco na atención aos maiores e o seu papel determinante dentro da sociedade. 
 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: