Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Os candidatos ao Congreso e ao Senado reafirman a aposta do PP por garantir unha “universidade pública de excelencia e competitiva”

Imprimir ppou - 13-Xullo-2023 - 11:50:50 


• Os candidatos ourensáns do PP ao Congreso e ao Senado mantiveron esta mañá unha reunión en Ourense con parte do equipo directivo do Vicerreitorado do Campus, encabezado polo vicerreitor, Javier Rodríguez Rajo

12, xullo, 2023. Os candidatos ourensáns do Partido Popular ao Congreso e ao Senado nas eleccións xerais do 23 de xullo mantiveron esta mañá unha reunión con parte do equipo directivo do Vicerreitorado do Campus de Ourense, encabezado polo vicerreitor, Javier Rodríguez Rajo. 


  
  
No encontro, os candidatos populares -que estiveron acompañados por membros de Novas Xeracións da cidade de Ourense- sinalaron a necesidade de revisar a Ley Orgánica do Sistema Universitario para “garantir unha universidade de excelencia, competitiva e de calidade formativa e investigadora, que facilite o acceso ao mercado de traballo”. 

Miguel Ángel Michinel, número 4 ao Congreso e catedrático da Universidade de Vigo, coincidiu cos seus compañeiros candidatos á Cámara Baixa -Rosa Quintana, Celso Delgado e o suplente Nacho Campo- e á Cámara Alta -Rosa Sánchez- trasladou os principais fitos do programa do Partido Popular no referido á universidade, avanzando o compromiso de Alberto Núñez Feijóo con garantir unha financiación adecuada para as universidades públicas -“na liña do traballo desenvolvido en Galicia dende 2009”- e “fomentar a eficiencia e eficacia na xestión das propias universidades”. 

Ademais, o Partido Popular aposta pola creación de novas vías para atraer investigadores de primeira liña ás universidades e transferir coñecemento á sociedade, “apostando por un novo programa universitario que facilite a incorporación de persoal docente e investigador de excelencia”.  


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: