Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Malestar dos veciños de Entrimo contra o alcalde por permitir a tala nun monte comunal.

Imprimir ppou - 02-Xuño-2010 - 13:46:56 

Entrimo, 1 de xuño de 2010.- Os veciños de Queguas (Entrimo) propietarios dun monte comunal expresan o seu malestar e rexeitamento ante a tala de árbores que o alcalde ordenou realizar nunha zona comunal do municipio. Segundo explica a portavoz do Partido Popular en Entrimo, Palma Ferreira, o alcalde non acatou unha orde dada pola Consellería de Medio Rural na que se instaba a paralizar a tala de árbores. “Como non pode ser doutra maneira, o Partido Popular de Entrimo apoia as reivindicacións dos veciños por considerar que se está a vulnerar o dereito da propiedade comunal”, explica Palma Ferreira.


A portavoz Popular afirma que este litixio entre o Concello de Entrimo e os veciños de Queguas tivo a súa orixe hai dous anos, en concreto o 27 de novembro de 2008, nun pleno no que se tratou o arrendamento de determinados bens inmobles do Concello. Daquela, o alcalde propuxo o arrendamento dos referidos montes para a súa xestión, por parte da empresa Madeiras do Xurés, S.L.U. Logo do debate plenario acordouse dito arrendamento cos votos a favor dos concelleiros do PSOE e cos votos en contra das concelleiras do PP.
Palma Ferreira considera que a pesares da oposición dos veciños e do malestar que ten xerado esta decisión de talar o monte comunal, “o alcalde segue a manter a mesma postura sen rectificar nin atender as denuncias presentadas”, e afirma que estará sempre do lado dos veciños de Entrimo para defender os intereses comúns de todos, “algo que, como pode verse, non fai o alcalde, que parece esquecer que é o alcalde de todos os veciños”. 
Máis información: 
Palma Ferreira, portavoz do PP de Entrimo (teléfono: 690 184 199)

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: