Noticias
Blog
Os candidatos populares esixen a “baixada inmediata” do IVA da carne, o peixe e as conservas
Os populares prantexan a “necesidade urxente” de implementar medidas para loitar contra a inflación e o empobrecemento das familias. En paralelo, reivindican a potenciación do sector primario fronte ao “desleixo do Goberno de Sánchez”
A cabeza de lista ao Congreso, Ana Belén Vázquez: “En España hai 1,6 millóns de familias incapaces de afrontar os seus gastos esenciais. Nesta brutal suba de prezos, o aumento da recadación por parte do Goberno debe repercutir e axudar directamente á poboación”
A número 2 ao Congreso, Rosa Quintana: “O presidente Feijóo blindou o sector primario en Galicia. E a partir do 23 de xullo, levaremos este modelo de defensa do campo e o mar a toda España”
7, xullo, 2023
• Ao remate da visita dos candidatos populares á Praza de Abastos da cidade, a cabeza de lista ao Congreso esixiu “a baixada urxente do IVA de produtos fundamentais como a carne, o peixe e as conservas, do 10 ao 4 %”
• “Na Praza de Abastos de Ourense volvemos a comprobar, unha vez máis, o que o Partido Popular vén denunciando ao longo destes meses: a inacción do Goberno de Sánchez fronte á suba dos prezos”, explicou Ana Belén Vázquez, que detallou como “hoxe mesmo, os comerciantes explicáronnos como as vendas caeron á metade, porque hai moita xente que o está a pasar mal polas consecuencias da inflación e da guerra de Ucraína”
• A candidata popular lembra que “dende que Pedro Sánchez está no Goberno, facer a compra diaria dunha familia subiu un 26%. E aí están as consecuencias: hoxe mesmo coñecemos os últimos datos sobre a pobreza en España, con 1,7 millóns de familias incapaces de afrontar os seus gastos básicos, segundo datos do Banco de España”
• “A suba de prezos é brutal: o aceite sube un 80 %; os ovos, un 25 %; outros produtos esenciais como a pasta ou a froita dispáranse un 45 %… e as familias teñen que soportar subas na hipoteca de 300 euros”, detalla Ana Belén Vázquez
• “Que quere o Partido Popular? Que se o Goberno recada 33.000 millóns máis pola suba dos prezos, que ese diñeiro repercuta directamente nas familias”, prantexou a candidata popular, que tamén debullou outros aspectos fundamentais do programa electoral do PP neste eido como a baixada do IRPF para as rendas anuais de menos de 40.000 euros ou a rebaixa das hipotecas na compra da primeira vivenda
ROSA QUINTANA: “ACOMPAÑAREMOS AO SECTOR PRIMARIO PARA FACILITAR O SEU DESENVOLVEMENTO E DINAMIZAR O MEDIO RURAL”
• A número 2 por Ourense ao Congreso, Rosa Quintana, explicou na súa intervención ante os medios de comunicación desta mañá que “so vendo os programas electorais e lembrando a preocupación que sempre tivo o Partido Popular cos sectores primarios, queda moi clara a diferenza entre partidos”
• “Levamos uns anos de Goberno de Sánchez no que os grandes esquecidos foron, precisamente, aqueles sectores encargados de producir alimentos”, criticou Rosa Quintana ao remate da visita dos candidatos populares á Praza de Abastos
• “Na pandemia, a agricultura ou a gandería foron declarados sectores esenciais. Sen embargo, pasada a emerxencia sanitaria o Goberno central esqueceuse deles”
• “O Partido Popular é o partido do rural. E por iso levamos no noso programa a necesidade de seguir acompañando aos sectores primarios para ser capaces de desenvolver a súa actividade e facilitar a dinamización do medio rural”, reivindicou a número 2 por Ourense ao Congreso
• Cunha destacada experiencia como conselleira de Mar (2009-2023) e Medio Rural (2012-2015), Rosa Quintana incidiu no traballo desenvolvido polos gobernos de Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda neste eido: “En Galicia, a defensa do primario levámola ben acreditada por parte do goberno autonómico. O presidente Feijóo blindou este sector, e estamos convencidos que o mesmo modelo aplicado en Galicia na defensa dos intereses do campo e o mar aplicarémolo en toda España a partir do 23 de xullo”