Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 José María Lago é elixido deputado provincial polos edís dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona de Verín

Imprimir ppou - 04-Xullo-2023 - 09:46:04 


23, xuño, 2023. O voceiro popular no Concello da Gudiña, José María Lago, foi elixido esta mañá deputado provincial despois de ser votado polos edís do PPdeOU dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Verín.

  
  
Deste xeito, José María Lago formará parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión da súa acta de deputado na sesión de investidura da corporación provincial que se celebrará no mes de xullo. 

José María Lago amosou o seu “agradecemento aos compañeiros populares” por ser elixido como deputado por parte da XEZ de Verín, integrada polos concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudiña, Laza, A Mezquita, Monterrei, Oímbra, Riós, Trasmiras, Verín e Vilardevós. 

“Poder ser deputado provincial no próximo mandato é unha honra e, especialmente, un motivo de enorme responsabilidade”, sinalou Lago, que avanzou a súa motivación de “traballar con todas as gañas do mundo a prol da miña comarca e a miña provincia”. 

“Como ten ben demostrado, a Deputación de Ourense é unha potente ferramenta para desenvolver iniciativas transformadoras á vez que colabora cos concellos na blindaxe dos servizos públicos”, remarcou José María Lago, que incidiu na importancia de “seguir avanzando en políticas públicas enfocadas a fixar poboación no rural e dinamizar o territorio, apoiados en fitos e novas ferramentas estratéxicas como o AVE, os nosos recursos endóxenos ou o turismo”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: