Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Plácido Álvarez é elixido deputado provincial polos edís dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona de Bande

Imprimir ppou - 04-Xullo-2023 - 09:42:14 


22, xuño, 2023. O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, foi elixido esta mañá deputado provincial despois de ser votado polos edís populares dos concellos pertencentes á Xunta Electoral de Zona (XEZ) de Bande. 

  
  
Deste xeito, Plácido Álvarez formará parte da corporación provincial para o mandato 2023-2027 dentro do grupo popular, tomando posesión da súa acta de deputado na sesión de investidura da corporación provincial que se celebrará no mes de xullo. 

Plácido Álvarez resaltou o seu agradecemento por volver a formar parte da corporación provincial por parte da XEZ de Bande, integrada polos concellos da Baixa Limia -Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños- e Padrenda, Calvos de Randín e Verea. “É unha profunda honra ser de novo elixido deputado polos meus compañeiros. Sen dúbida, esta designación é unha gran responsabilidade, e me impulsa a traballar con aínda máis forza e compromiso por este territorio e por toda a provincia de Ourense”. 

Deputado dende 2003 e vicepresidente dende 2009, o alcalde de Muíños remarca a necesidade de continuar afondando nas liñas estratéxicas da Deputación de Ourense, co obxectivo de desenvolver novas iniciativas “que loiten contra a crise demográfica e dinamicen o noso territorio a través de apostas chave como facilitar o emprendemento, o turismo, o deporte, políticas para a mocidade e a continua mellora dos servizos públicos”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: