Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Este é o Partido do Carballiño, cunha candidatura que é un amplo movemento social para revolucionar o Concello cun alcalde de Champions”

Imprimir ppou - 25-Abril-2023 - 01:19:41 


“O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno que é en realidade unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, que defenderá ao 100% os intereses da vila”, destacou Lino González sobre a candidatura

22, abril, 2023

● O presidente provincial destacou que “quedan 36 días para as eleccións. Carballiño ten ante si a oportunidade que ofrece o PPdeOU: unha vila moderna e dinámica. Por iso esta presentación é un momento fundamental: porque vai haber un cambio no Concello que revolucionará esta vila”

● “Agradezo a aposta de Lino González, que recibiu unha chamada que en realidade era a do seu concello: hai que transformar Carballiño. E para este obxectivo conta con toda a maquinaria do PPdeOU, cunha candidatura fresca e que da unha oportunidade ao Carballiño que esta vila non tiña”, resalta Manuel Baltar

  
  
● “Argimiro Marnotes tivo a visión para apostar por Lino González, por apostar por ensanchar o partido para que esta opción sexa o Partido de Carballiño. Este é un amplo movemento social, que foi quen de configurar o ‘director deportivo’ Lino González, cunha candidatura disposta a gobernar dende o primeiro minuto”, puxo en valor o presidente provincial

● “Para gobernar un concello hai que ter gañas e ambición. Pensar dende o primeiro minuto de cada día no Carballiño, nas moitas posibilidades que ten e nas conexións que pode establecer coas administracións: Deputación de Ourense, Xunta e Goberno, que máis pronto que tarde contará cun ourensán como presidente, Alberto Núñez Feijóo”

●“Temos proxectos e temos ilusión. Presentámonos para gañar e gobernar Carballiño. Cun número 1 excelente, cunha candidatura excelente e cunha formación política extraordinaria para impulsar proxectos”, incidiu Manuel Baltar

● “Somos o partido das contas, e non o partido das contas. O Carballiño merece esta oportunidade: o PP fixo unha candidatura á altura das mellores da provincia. Carballiño terá un alcalde de Champions a partir do 28 de maio”, concluíu a súa intervención o presidente provincial do PPdeOU

LINO GONZÁLEZ: “A APOSTA É XENEROSA E TOTAL, POR ABRIR O PARTIDO Á XENTE NOVA  CUNHA CANDIDATURA QUE DEVOLVERÁ AO CARBALLIÑO Á PRIMEIRA DIVISIÓN DAS VILAS”

● Lino González comezou a súa intervención recoñecendo o “apoio total” de Manuel Baltar e a aposta “xenerosa e total” de Argimiro Marnotes, presidente local do PP do Carballiño, por “abrir o partido á xente nova”

● “O PP do Carballiño encomendoume encabezar esta candidatura. Dende o primeiro minuto, comezamos a falar coa xente e sorprendeunos a receptividade dos veciños do Carballiño, que coinciden en sinalar que esta vila necesita un cambio de rumbo”, destacou o cabeza de lista popular

● “Esta candidatura será a que devolva O Carballiño á primeira división das vilas de España”, sinalou Lino González

● “O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno municipal que en realidade é unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, para defender os intereses da vila con lealdade e compromiso”, concluíu o candidato popular no Carballiño

CANDIDATURA DO PP DO CARBALLIÑO

1.Lino González García
2.Diana González Fumega 
3.José Rafael Castro- Gil Seijas
4.Elvira Torres
5.Miguel Fernández Castro
6.Lorena Castro Reinoso
7.Tatiana Rodríguez Fírvida
8.José Ramón Pinal González
9.Antonio Taboada
10.Lourdes Pérez Vázquez
11.Patricia Fátima Pérez González
12.Maico Arbelt Pérez Peña
13.Francisco Conejo Redondo
14.María Mercedes Amil Otero
15.Ana Villanueva Domínguez
16.José Manuel Rodríguez Pajarín
17.Verónica Lois Canda

Suplentes

1.Víctor Manuel Lutzardo Cosse
2.Maricarmen Rodríguez Rodríguez
3.José Maria Alonso Rodríguez


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: