Noticias
Blog
Manuel Baltar: “A candidatura de Antonio Fernández significa xestión e feitos, xusto o que faltou en Xinzo nos últimos catro anos”
Antonio Fernández destaca a potencia da candidatura, “ampla e plural”, e cunha renovación de máis dun 80% respecto ás eleccións municipais de 2019
22, abril, 2023
● Manuel Baltar remarca o “magnífico equipo” liderado por Antonio Fernández, “unha candidatura solvente, preparada para conseguir a maioría absoluta o vindeiro 28 de maio e gobernar dende o minuto un”
● “Antonio Fernández é unha persoa comprometida co PPdeOU e con Xinzo de Limia. Coñece perfectamente o territorio e é unha persoa traballadora, con bo talante e cunha sobresaínte capacidade para traballar en equipo, como demostra o nivel desta candidatura”, analiza Manuel Baltar
● “Este equipo significa PPdeOU: é dicir, xestión, feitos e capacidade para artellar proxectos transformadores e tecer liñas de cooperación, xusto o que faltou en Xinzo nos últimos catro anos de desgoberno”, sinala o presidente provincial sobre unha candidatura na que Carlos Gómez, exconcelleiro e deputado autonómico, acompaña a Antonio Fernández como número 2
● Manuel Baltar incide na importancia das eleccións municipais, a “oportunidade para cambiar o rumbo de Xinzo de Limia. Porque os veciños necesitan un goberno municipal serio e coherente, que devolva a este concello, cheo de potencial e oportunidades, ao camiño do progreso”
● “Convocatoria tras convocatoria, os veciños apostan polo Partido Popular. Este é o Partido de Ourense, un fito que se consegue polo traballo diario, non en quince días de campaña. Este é o segredo, e este é o camiño polo que recuperaremos a maioría absoluta en Xinzo de Limia”
ANTONIO FERNÁNDEZ: “O PERFIL DOS INTEGRANTES DESTA LISTA RESPONDE A UNHA AMPLA REPRESENTACIÓN DA SOCIEDADE LIMIÁ, CUNHA MEDIA DE IDADE DE 48 ANOS”
● “Esta é unha gran candidatura, ampla e plural”, destaca o candidato, Antonio Fernández, que incide na renovación: “Respecto aos comicios do 2019, esta lista ten unha renovación de máis dun 80%”
● “Este equipo está integrado por persoas cuxo perfil responde a unha ampla representación da sociedade limiá, combinando xuventude e experiencia, e cunha media de idade situado nos 48 anos”, sinala o cabeza de lista popular
● Antonio Fernández tamén incide en que “por primeira vez, a candidatura dos populares de Xinzo está integrada por máis mulleres que homes -13 mulleres e 10 homes- dentro do noso compromiso pola igualdade real”
● “Apoiados neste gran equipo, e coa forza de todos os veciños de Xinzo, recuperaremos a maioría absoluta e comezaremos a construír o futuro do noso concello”, conclúe Antonio Fernández
CANDIDATURA DO PP DE XINZO
1.- Antonio Fernández Veiga
2.- Carlos Gómez Salgado
3.- Cristina Campero Dorado
4.- Ricardo Sieiro Opazo
5.- Otilia Conde García
6.- Iván Cabrera Trigo
7.- María José Cuquejo Márquez
8.- Rosa González Díaz
9.- Alicia Feijóo Dacal
10.- Antonio Rodríguez Rodríguez
11.- Sabina Árias Corbillon
12.- Beatriz Díz Nóvoa
13.- Jose Antonio Valbuena Iglesias
Suplentes:
1.- Alida Santana González
2.- Josefa Donaire Parada
3.- Maria Isabel Colmenero Campos
4.- Alejo Marra Parejas
5.- Antonio García Bolaño
6.- Flores Rodríguez Rodríguez
7.- Tania Salinas López
8.- María de los Ángeles López Iglesias
9- José Ángel Vidal Blanco
10.- Francisco Díaz Blanco