Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 No podcast en Primeira Persoa do PPdeG: César Fernández: “Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia, pero necesita un goberno dinámico para aproveitar todos os seu potenciais”

Imprimir ppou - 15-Marzo-2023 - 11:38:19 


● O cabeza de lista popular en Ribadavia nas eleccións municipais do 28 de maio destaca no podcast en Primeira Persoa do PPdG a súa paixón polo “servizo público da política”, e remarca o seu compromiso con contribuír a desenvolver todos os potenciais da súa vila

  
  
● Licenciado en Filosofía e docente, César Fernández sinala que “sempre me gustou a filosofía. Teño moita curiosidade, e creo que estudar esta carreira foi unha das mellores decisións da miña vida. Entendo a filosofía coma unha cuestión de posición vital, de ter a capacidade de análise aberta a diferentes perspectivas, algo que pode ser moi útil na política”

● “O piar básico da miña vida é a familia: é unha absoluta prioridade, sempre que podo estou con eles”

● “Do meu concello gústame todo. Para min, Ribadavia é o concello máis fermoso de Galicia con moitísima diferencia. E este xuízo está perfectamente fundamentado: patrimonio natural, patrimonio histórico, patrimonio arquitectónico, o viño, a gastronomía… Ribadavia é un concello cunhas condicións inmellorables”

● “En Ribadavia boto en falta máis dinamismo pola parte política. Os recursos, o potencial endóxeno, está aí, vén de seu nesta vila. Pero o que fai falla é un goberno capaz de aproveitar ao 100% os recursos que a día de hoxe están infrautilizados e infravalorados, e que deberían aportar moito máis á realidade de Ribadavia”

● “Gústame moitísimo a música -o meu grupo favorito é Nine Inch Nails-, a literatura -con autores como George Orwell- ou o cine a través de directores como Stanley Kubrick ou David Lynch”


Estas son as redes onde está dispoñible o podcast en Primeira Persoa:
Facebook: https://www.facebook.com/ppdegalicia
Twitter: https://twitter.com/ppdegalicia
Instagram: https://www.instagram.com/ppdegalicia
Youtube: https://www.youtube.com/@ppdegalicia
iVoox: https://www.ivoox.com/podcast-en-primeira-persoa_sq_f11835326_1.html


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: