Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións municipais 2023: O PPdeOU comeza as reunións coas candidaturas dos municipios das diferentes xuntas electorais de zona para avanzar no calendario electoral do 28-M

Imprimir ppou - 09-Marzo-2023 - 16:26:00 


8, marzo, 2023. O Partido Popular de Ourense comezou esta semana as reunións coas candidaturas de toda a provincia para seguir avanzando no calendario electoral dos comicios do vindeiro 28 de maio. Estes encontros están deseñados co obxectivo de cumprir cos pertinentes trámites administrativos, e quedan enmarcados no cronograma deseñado polo Comité Electoral provincial. 

  
  
A sede provincial acolleu onte pola tarde a reunión cos cabezas de lista ou responsables das candidaturas dos concellos da comarca de Ourense, coa presencia do vicepresidente provincial e responsable de Mobilización Electoral, Rosendo Fernández,  e o xerente do PPdeOU, Luis Vergara.

Continuando cos 37 municipios integrados na Xunta Electoral de Zona de Ourense, este venres celebrarase o encontro de traballo cos cabezas de lista dos concellos da comarca de Celanova e o vindeiro luns, cos de Xinzo de Limia. A continuación, continuarase nas reunións cos candidatos dos municipios das diferentes xuntas electorais da provincia. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: