Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións municipais 2023: Manuel Baltar: “O PPdeOU é o partido das catro provincias galegas co maior número de alcaldesas. E serémolo tamén despois do 28-M”

Imprimir ppou - 09-Marzo-2023 - 16:21:35 


• O PPdeOU presentará nas vindeiras eleccións municipais a 18 mulleres como cabezas de lista, das que sete se estrean ao fronte dunha candidatura respecto aos comicios de 2019

• O presidente provincial mantivo un encontro coas candidatas para  “recoñecer o traballo de todas elas por seguir facendo do PPdeOU un partido feminino, nunha provincia tamén feminina e dentro dunha loita pola igualdade real na que todos debemos seguir avanzando”

• Manuel Baltar pon en valor o “coñecemento do territorio e a capacidade de traballo” das 18 mulleres cabezas de lista do PPdeOU o vindeiro 28 de maio. Delas, 12 son alcaldesas e candidatas á reelección

• Todas as candidatas do PPdeOU, reivindica Manuel Baltar, “representan e destacan pola súa experiencia, rigor e capacidade de planificación das cuestións que interesan a cada concello. Este é o Ourense do futuro, que necesita desta xestión libre, transparente, rigorosa e que, sen dúbida, seguirá repercutindo no benestar da veciñanza”

5, marzo, 2023. O PPdeOU presentará nas vindeiras eleccións municipais a 18 mulleres como cabeza de lista, das que sete se estrean ao fronte dunha candidatura respecto aos comicios de 2019 dentro do proceso orgánico de renovación referendado por unanimidade no Comité Electoral Provincial.

  
  
O presidente do PPdeOU, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo na sede provincial coas candidatas populares para “recoñecer o traballo de todas elas por seguir facendo do Partido Popular de Ourense un partido feminino, nunha provincia tamén feminina e dentro dunha loita pola igualdade real na que todos debemos seguir avanzando”. 

“O PPdeOU é a única formación política que conta cunha maioría absoluta de mulleres no seu comité executivo”, lembra Manuel Baltar, que destaca que “somos tamén o partido que conta co maior número de alcaldesas dentro das catro provincias galegas. E serémolo tamén despois do 28 de maio”. 

“Presentamos a 18 mulleres para obter a confianza dos veciños nos seus 18 concellos e seguir implementando proxectos de goberno planificados dende a cooperación con outras administracións e o aproveitamento dos recursos propios de cada concello”, sinala o presidente provincial. 

Manuel Baltar pon en valor o “coñecemento do territorio e a capacidade de traballo” das 18 mulleres cabezas de lista do PPdeOU o 28-M. Delas, 12 son alcaldesas e candidatas á reelección: Sandra Quintas (Bande), Patricia Torres (Boborás), María Teresa Barge (A Bola), María del Carmen González (Carballeda de Valdeorras), Rebeca Sotelo (Cenlle), Pura Rodríguez (Gomesende), Patricia Lamela (Larouco), María del Carmen Yáñez (Lobios), Ana Villarino (Oímbra), Susana Vázquez (Porqueira), Eva Barrio (Riós) e Melisa Macía (Vilariño de Conso). E Luz Doporto (Allariz), María Consuelo Vispo (Barbadás), Marta Nóvoa (San Cibrao das Viñas), Lara da Silva (Verín), Remedios Cid (Vilar de Santos) e Adriana Álvarez (Vilardevós) liderarán a lista popular nos seus respectivos concellos.

Todas as alcaldesas e candidatas do PPdeOU, reivindica Manuel Baltar, “representan e destacan pola experiencia, rigor e capacidade de planificación das cuestións que interesan a cada concello. Este é o Ourense do futuro, que necesita desta xestión libre, transparente, rigorosa e que, sen dúbida, seguirá repercutindo no benestar da veciñanza”. 

O presidente provincial enmarca esta dinámica de traballo dentro “da participación no proxecto do Partido Popular de Ourense, no que seguimos marcando unha liña que é unha liña de futuro e que é, sen dúbida, unha liña de éxito”. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: