Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións municipais 2023: Manuel Baltar: “José Albino Bastos e o seu equipo representan o futuro de Entrimo”

Imprimir ppou - 09-Marzo-2023 - 16:16:34 


• O presidente provincial mantivo un encontro en Entrimo co cabeza de lista do PPdeOU neste concello e parte da candidatura que o acompañará nas vindeiras eleccións municipais

• Manuel Baltar destaca do candidato a súa “paixón por Entrimo e a súa capacidade para artellar novos proxectos de dinamización do territorio”

• “Esta será unha candidatura con forza, ilusión e capacidade de xestión”, remarca o presidente provincial, que destaca o traballo do PPdeOU para “ser a mellor ferramenta da veciñanza en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”

• José Albino Bastos sinala que da este paso “para contribuír a que Entrimo avance, implementando políticas de mellora do medio rural co obxectivo de construír un futuro para os nosos fillos”

• “Entrimo está baixo mínimos, cun goberno municipal paralizado. Este concello necesita un empuxe para aproveitar todas as potencialidades que temos”, remarca o candidato do PPdeOU

3, marzo, 2023. O presidente provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro en Entrimo co cabeza de lista do PPdeOU neste concello nas vindeiras eleccións municipais, José Albino Bastos, e parte do equipo que o acompañará na candidatura electoral. 

  
  
Manuel Baltar destaca do candidato a súa “paixón por Entrimo e a súa capacidade para artellar novos proxectos de dinamización do territorio, afondando na colaboración institucional e a alianza público-privada”. 

José Albino Bastos e o seu equipo, explica o presidente provincial, “representan o futuro de Entrimo. “Esta será unha candidatura con forza, ilusión e capacidade de xestión”, remarca Manuel Baltar, que destaca o traballo do PPdeOU para “ser a mellor ferramenta da veciñanza en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”

Pola súa banda, José Albino Bastos sinala que da este paso “para contribuír a que Entrimo avance, implementando políticas de mellora do medio rural co obxectivo de construír un futuro para os nosos fillos”

Agora mesmo, explica o candidato, “Entrimo está baixo mínimos, cun goberno municipal paralizado. Este concello necesita un empuxe para aproveitar todas as potencialidades que temos”. 

BIOGRAFÍA DE JOSÉ ALBINO BASTOS

José Albino Bastos Rodríguez (1969) naceu e criouse en Entrimo. Despois de estar dúas décadas fóra regresou ao seu concello para desenvolver proxectos empresariais. Actualmente xestiona o cámping da localidade. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: