Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Eleccións municipais 2023: Remedios Cid encabezará a lista do PPdeOU en Vilar de Santos

Imprimir ppou - 17-Xaneiro-2023 - 20:58:08 


• O presidente provincial, Manuel Baltar, define como “unha gran nova para o Partido Popular de Ourense” a incorporación desta “gran profesional, que coñece Vilar de Santos e que traballa de xeito directo cos veciños”

• “Remedios Cid ten proxecto, ilusión, moita capacidade profesional e política e estou seguro que, acompañada do seu equipo, terá un grandísimo resultado para o PPdeOU o vindeiro 28 de maio”, destaca Manuel Baltar

• A candidata popular sinala a súa vontade de “implementar novos proxectos dentro dun concello que necesita dinámicas innovadoras para aproveitar todas as súas potencialidades”

17, xaneiro, 2023. Remedios Cid Márquez encabezará a lista do PPdeOU en Vilar de Santos nas vindeiras eleccións municipais. O presidente provincial, Manuel Baltar, reuniuse esta tarde coa nova cabeza de lista para avanzar nos detalles da candidatura, definindo como “unha gran nova para o Partido Popular de Ourense” a incorporación como candidata en Vilar de Santos de Remedios Cid, “unha profesional cun excelente currículo, vinculada a proxectos sociais, que coñece o concello traballando de xeito directo cos veciños e que é afiliada ao Partido Popular”. 

  
  
Manuel Baltar sinala de Remedios Cid que “ten proxecto, ten ilusión, moita capacidade profesional e política e estou seguro que o 28 de maio, acompañada do seu equipo, obterá un grandísimo resultado para o Partido Popular de Ourense”.

Pola súa banda, Remedios Cid destaca o “coñecemento das inquedanzas dos veciños dentro do meu contacto directo co territorio” -é a directora do Punto á Atención a Infancia deste concello- e pondera a súa vontade de “implementar novos proxectos dentro dun concello que, considero, necesita dinámicas innovadoras para aproveitar todas as súas potencialidades”. 

A candidata amosa o seu “entusiasmo por traballar arreo a prol de Vilar de Santos” e avanza unha das claves do seu futuro programa: “Veño cun proxecto centrado nas persoas, poñendo o foco en todos os veciños do concello ao marxe da súa cor política”. 

DÚAS DÉCADAS DE EXPERIENCIA EN PROXECTOS EDUCATIVOS E SOCIAIS
Remedios Cid Márquez (1978) ten o título de Maxisterio na especialidade de Educación Infantil pola Universidade Autónoma de Madrid. Mestrado en Competencias Avanzadas da Educación, suma dúas décadas de experiencia en diferentes proxectos educativos e sociais, sempre enfocados na infancia. Dende setembro de 2020 é a directora do Punto á Atención a Infancia de Vilar de Santos -a gardería deste concello-.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: