Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Manuel Cabezas 2023
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 As Novas Xeracións do PP inician na cidade a campaña “Que Ourense Queres?”, para coñecer as inquedanzas e necesidades da mocidade

Imprimir ppou - 28-Decembro-2022 - 13:49:57 


• As ideas e suxestións recollidas “serán analizadas e valoradas para estudar a súa incorporación como achegas ao programa electoral da candidatura que encabezará Manuel Cabezas”, afirmou o presidente da agrupación local, Manuel Novoa

• A xuventude poderá formular as súas achegas nas mesas que se instalarán nos barrios de Mariñamansa, A Ponte, O Couto e centro, comezando o próximo día 3 na Biblioteca Nós

28, decembro, 2022. A agrupación local da organización xuvenil do Partido Popular, Novas Xeracións, porá en marcha no mes de xaneiro a campaña “Que Ourense Queres”, co obxectivo de coñecer as inquedanzas e necesidades da mocidade que reside na capital. Ideas e suxestións “que serán analizadas e valoradas para estudar a súa incorporación como achegas ao programa electoral da candidatura que encabezará Manuel Cabezas”, afirmou o presidente da agrupación, Manuel Novoa.

Con esta iniciativa, destacou Novoa, “queremos ofrecer ás mozas e mozos unha oportunidade para participar activamente na transformación da cidade”. Unha sinxela pregunta, engadiu “que nos permitirá recompilar as súas propostas e converternos no seu altofalante para contribuír a mellorar o futuro de Ourense”.

Baixo o lema “A túa idea, a túa cidade”, a campaña consistirá na instalación de mesas en distintos barrios da capital, onde a mocidade poderá escribir as súas suxestións en pósit que, á súa vez, serán colocados nun mural. 

O calendario previsto para esta actividade comeza o día 3 de xaneiro coa instalación da primeira das mesas na Biblioteca Nós, continuando no barrio de Mariñamansa o día 14; A Ponte (21); O Couto (28); e na rúa do Paseo o día 4 de febreiro.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: