Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Rueda na Xunta Directiva do PPdeOU: “Nin a provincia nin a cidade de Ourense van ser alleas ao impulso dos Orzamentos da Xunta máis altos da historia”

Imprimir ppou - 24-Novembro-2022 - 15:05:56 


● Manuel Baltar anuncia que antes de que remate o ano terán “aos 92 cabezas de lista que traballarán para conseguir a maioría na Deputación e superar o récord histórico de alcaldías”

7, novembro, 2022

 O presidente do PPdeG reivindicou que os Orzamentos da Xunta para 2023 están pensados “para protexer a familias e empresas das incertezas” e neste sentido asegurou que “nin a provincia nin a cidade de Ourense van ser alleas ao impulso duns Orzamentos que son os máis altos da historia e que se sincronizan con aquilo que queren os galegos”

Afondando nesta idea, puxo en valor que as Contas do vindeiro ano suporán “máis protección e servizos públicos, menos cargas e máis futuro”, xa que se dedicarán “3 de cada 4 euros a políticas sociais”, continuarase a senda das rebaixas fiscais e apostarase por “máis investimentos produtivos”
  
  

Alfonso Rueda asegurou que o obxectivo do seu Goberno é “velar polas economías domésticas a empresariais” porque “é preciso que todas superen nas mellores condicións este momento complexo”

“Galicia necesita aos seus motores económicos e Ourense é un deles”, afirmou o presidente do PPdeG ao tempo que sostiña que “esta provincia ten moito que dicir en sectores estratéxicos da Comunidade” e que por iso os Orzamentos da Xunta para 2023 “cren en Ourense”

Enumerando algunhas das actuacións previstas nestas Contas, Rueda citou as melloras nos hospitais de Ourense, Verín e O Barco, o novo centro de saúde integral de Ourense, o novo ambulatorio da Rúa, as apostas para o Polígono de San Cibrao e a Tecnópole, o Centro de Ciberseguridade, a recuperación da fortaleza de Monterrei, o Parque Acuático de Pereiro ou a nova sede da Xunta

“Cremos no benestar de Ourense e por iso apostamos ademais por iniciativas como o Centro de Atención para Persoas con Discapacidade, por seguir levando as aldeas modelo ao rural e recuperando terras”, engadiu

Reivindicou que “a Xunta pode facer realidade todos estes obxectivos, un ano máis, grazas a un modelo baseado na estabilidade, na planificación e na xestión eficaz”

Rueda puxo en valor o traballo de Manuel Baltar á fronte da Deputación de Ourense, asegurando que se trata dunha “receita útil que é compartida” e que debe “estenderse aínda máis nos concellos logo das eleccións municipais de maio do vindeiro ano”

En clave electoral, o líder dos populares galegos defendeu que o PP “é un partido de goberno que non ambiciona o poder polo poder, senón que sabe o que facer con el e quere empregalo para mellorar concellos que necesitan un novo impulso”

“CABEZAS É O CAMBIO A MELLOR, NAS FORMAS E NO FONDO”

Referíndose a Ourense como un deses concellos que “necesitan un novo impulso”, o presidente do PPdeG ensalzou a figura de Manuel Cabezas como candidato á alcaldía da cidade: “É o cambio a mellor. Nas formas e no fondo”

Nesta mesma liña, continuou dicindo que “Ourense precisa pasar páxina dalgunhas actitudes que se cualifican por si mesmas” e “dar paso ao prestixio e a reputación do que foi, e será de novo a partir de maio, o seu mellor alcalde”; facendo así referencia a un Manuel Cabezas que na súa opinión destaca por ter “experiencia, talante, capacidade e un proxecto ilusionante”

Rueda concluíu que o candidato do PP á alcaldía “ten todo o que precisa Ourense neste momento” porque “xa sabe como levar á cidade a esa segunda transformación que continuará a primeira, que leva a súa sinatura” e animou ao partido a “traballar para que en maio teña a maioría absoluta que lle falta para facelo realidade”

MANUEL BALTAR: “O PP É O PARTIDO DE OURENSE E DE GALICIA”

O presidente provincial do PP de Ourense reivindicou que a formación está “preparada para unha gran vitoria o vindeiro 28 de maio” e anunciou que antes de que remate o ano terán “aos 92 cabezas de lista que traballarán para conseguir a maioría absoluta na Deputación e superar o récord histórico de alcaldías”

Enxalzando a Manuel Cabezas como “o mellor alcalde da historia de Ourense”, Baltar prometeulle “traballo” para que “xunto ao seu equipo acometa a segunda gran transformación da cidade para situala de novo á vangarda de Galicia”

“O PP é o partido de Ourense e o partido de Galicia, e nos esforzaremos cada día para reforzar o noso potente liderado político e seguir mellorando esta terra, asegurou

O líder dos populares ourensáns reivindicou a Alfonso Rueda como “o gran valedor de Ourense” e asegurou que a provincia “contribuirá á quinta maioría absoluta consecutiva do PPdeG cun ourensán, Alberto Núñez Feijóo, presidindo España”


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: