Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Os orzamentos da Xunta atenden ás necesidades e demandas da provincia de Ourense”

Imprimir ppou - 21-Outubro-2022 - 20:44:36 


• O líder dos populares ourensáns valora o crecemento no investimento social, con recursos que "repercuten directamente no benestar da veciñanza", e con "apostas de futuro para Ourense enmarcadas nun perfecto exercizo de cooperación"

• Manuel Baltar recalca o impulso a iniciativas como o parque acuático de Monterrei, "que se está realizado en colaboración coa Deputación", o investimento no Castelo de Monterrei, a nova sede da Xunta en Ourense, o Centro de Ciberseguridade ou a Área Termal. "Todas estas medidas responden a unha única palabra: Ourense, que é a palabra á que responde esta forza política, o Partido de Ourense". 

• A deputada Marisol Díaz reivindica uns orzamentos "pensados para as persoas" e cos que a Xunta "fomenta o equilibrio territorial, apoiando sobre todo a Ourense e Lugo como provincias onde haberá un maior gasto por habitante durante o vindeiro ano 2023"

21, outubro, 2022.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, destacou a repercusión que terá en Ourense o proxecto de orzamentos da Xunta de Galicia para 2023, “os máis altos da historia, os de maior gasto social e que atenden perfectamente ás demandas desta provincia”. 

Manuel Baltar realizou a valoración esta tarde na sede do PP de Ourense, acompañado polos parlamentarios ourensáns Marisol Díaz, Carlos Gómez, Marta Nóvoa, Marta Rodríguez Vispo, José Antonio Armada, José Luis Ferro e Noelia Pérez. 
  
  
A Xunta consigna en 2023 un total de 1.571 millóns para Ourense, un 6,4% máis, increméntase o investimento na provincia de Ourense nun 27,18%, pasando de 254 millóns de euros no ano 2021 a mais de 324 millóns de euros no próximo ano 2022. No que respecta ao gasto per capita na provincia incrementase un 7,47% o que supón pasar de 4.809 € a 5.168 €. 

Apoiado en estas cifras, Manuel Baltar reivindica os primeiros orzamentos do presidente Alfonso Rueda, que responden aos tres eixos da súa acción de goberno -“Familia, Emprego e Futuro”-, valorando o crecemento no investimento social, con recursos que “repercuten directamente no benestar da veciñanza, e con apostas que atenden ás necesidades de Ourense realizando un perfecto exercizo de cooperación”. 

O presidente provincial pondera a importancia de iniciativas como o parque acuático de Monterrei, “que se está realizado en colaboración coa Deputación”,  investimentos na fortaleza da Monterrei, a nova sede da Xunta de Galicia en Ourense, o Centro de Ciberseguridade de Galicia -“un exemplo de equilibrio territorial”- ou a Área Termal específica creada polo goberno de Alfonso Rueda. “Todas estas medidas responden a unha única palabra: Ourense, que é a palabra á que respondemos os que comparecemos esta tarde aquí e á que a responde esta forza política, o Partido de Ourense”. 

Manuel Baltar tamén valora a eficacia de convenios como o firmado entre Medio Rural e a Deputación de Ourense para dotar aos concellos ourensáns de tractores desbrozadoras -“a única provincia galega que participa neste proxecto para previr os incendios forestais”- ou, en materia deportiva, os convenios para novos campos de fútbol. 
  
  
Estes orzamentos están definidos, segundo Manuel Baltar, polo “rigor, son contas reais -e non como as do Estado, absolutamente irreais- e que, sen dúbida, atenden ás necesidades e demandas da provincia de Ourense. Estes son uns bos orzamentos para a provincia de Ourense”. 
 
“A XUNTA MOBILIZA O MAIOR GASTO SOCIAL NUNCA VISTO EN GALICIA”

A parlamentaria Marisol Díaz explicou na súa intervención desta tarde na sede provincial do PP de Ourense que estes orzamentos están “deseñados con prudencia financeira nun contexto de incertezas por culpa da crise enerxética, a inflación, e tamén as consecuencias da guerra”.  E tamén,  amplía, “particularmente polas turbulencias causadas por un Goberno central que elaborou uns orzamentos en clave electoral para garantir apoios, pero non en clave de persoas para garantir o benestar da sociedade”, resaltou Díaz. 

Fronte ao proxecto de Orzamentos do Goberno Central, a “Xunta de Galicia  so pensa no benestar nas persoas, na sociedade. E mobiliza o maior gasto social nunca visto na nosa comunidade, con 9.368 millóns de euros. Un gasto social que, por suposto, ten unha importante repercusión na nosa provincia”, destacou Marisol Díaz. 

Marisol Díaz explica tamén que con estes orzamentos, dende a Xunta “foméntase o equilibrio territorial, apoiando sobre todo a Ourense e Lugo como provincias onde haberá un maior gasto por habitante”.

INVESTIMENTO SOCIAIS

”Estamos ante unha das partidas máis importantes dos orzamentos da Xunta para Ourense e que demostran ese compromiso co gasto social do que estamos a falar”, sinalou Marisol Díaz, sobre unhas partidas que aglutinan 136,6 millóns de euros, un 13,72 % máis que no ano anterior. 

• Remate da construción do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Ourense, con 6,7 millóns. Este proxecto quedara paralizado como consecuencia da renuncia da empresa adxudicataria debido ao aumento dos prezos dos materiais.

• A gratuidade das escolas infantís de 0 a 3 anos: case 5,3 millóns de euros para a provincia, un  68 % máis, cun aumento de 3,6 millóns.

• As axudas á inclusión social, con 12,9 millóns, case 2,9 millóns máis que en 2022.

• O bono social térmico, con 1,3 millóns de euros.

• O reforzo da teleasistencia aos maiores, con 2,5 millóns de euros, 1,3 millóns máis que en 2022. 

• 1,2 millóns destinados á atención á discapacidade.

SANIDADE

• Investimento de 19 millóns de euros para o Plan Director do Hospital de Ourense. 

• 3,4 M€ para o novo Centro Integral de Saúde de Ourense. 

• 3,7 millóns de euros para o hospital de Verín. 

• Máis de 400.000 € para concluír as obras do Hospital de Valdeorras.

• Resérvanse 1.227.505 € para o inicio da obra do novo centro de saúde en A Rúa. Ademais, contempla 200.000 € para cada un dos proxectos de Boborás, Muíños e Toén; e 300.000 euros para o proxecto de Carballiño e outros 500.000 euros para licitar os proxectos de novos centros de saúde contemplados no Plan de Infraestruturas de Atención Primaria cando os concellos acheguen unha parcela axeitada, como poden ser, explicou Marisol Díaz Mouteira, o de Montederramo, Allariz ou Mariñamansa, en Ourense cidade.

PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

A provincia de Ourense beneficiarase do significativo esforzo orzamentario realizado para promoción do emprego e igualdade. A Consellería vai contar con 431 millóns de euros, un crecemento do 13,5 % (+51 millóns).

• Dous novos Polos de Emprendemento en Ourense, para axudar a desenvolver proxectos empresariais: Miño Central e Valdeorras, con oficinas en O Carballiño e O Barco (O polo de Ourense Centro en Verín foi o primeiro de Galicia en abrir, en xullo pasado).

• Impacto Autónomo: Entre 2.000 e 2.500 autónomos da provincia de Ourense (o total é de 22.837 profesionais autónomos, o 10,62 % de Galicia) poderán beneficiarse de axudas medias de ata 1.200 euros para paliar os incrementos nos custos de materias primas ou gastos enerxéticos.

• Formación: A Xunta financiará con 8,4 millóns de euros un total de 205 accións formativas na provincia de Ourense para persoas desempregadas, en centros e entidades acreditadas.

EDUCACIÓN

• Continúase coa mellora das infraestruturas educativas, ao que se lle dedican 191 millóns de euros, cunha especial atención á mellora da eficiencia enerxética dos centros de formación.

• “Cómpre destacar ademais como unha aposta importante da Xunta de Galicia o o proxecto de ampliación do IES Ferro Couselo, cun investimento de 2,6 millóns de euros”, resalta a parlamentaria Marisol Díaz.

• Tamén figuran as melloras a realizar na Universidade Laboral, onde un investimento de 500.000 euros “transformará este complexo nun espazo seguro, verde e de ocio”, explica Marisol Díaz.  Un proxecto que incluirá a reforestación do entorno con frondosas, o arranxo do pavillón e pistas, ou os circuítos de orientación deportiva e cros.

ECONOMÍA

• O Goberno galego pon énfase no maior polo industrial e tecnolóxico de Galicia, en San Cibrao das Viñas, destinando case 2,7 millóns de euros á Tecnópole e o Centro Tecnolóxico da Carne; e programas como Conecta Hubs; o convenio coa Federación de Empresarios de Ourense para o proxecto Conecta Ourense; ou a aceleradora Galicia Avanza.

• “Debemos ter en conta tamén os 400.000 euros que se mobilizarán a través de ordes de axuda para ao acondicionamento e mellora de espazos termais”, lembrou a parlamentaria ourensá. 

XUSTIZA E DEPORTES 

• Consorcios provinciais contra incendios, 2,5 millóns.
• O novo edificio administrativo de Ourense conta cunha achega de 2 millóns, dentro da “aposta da Xunta pola mellora da atención ao cidadán nos seus centros de atención ao público”, resalta Marisol Díaz.

• Convenio coa Deputación de Ourense para o Parque Acuático de Monterrei, 6,4 millóns.

MEDIO RURAL

• Creación da base aérea Interlumes en Verín, con máis de 1,1 millóns de euros.

• Centro Integral de Loita contra os lumes de Toén.

• “A provincia de Ourense seguirá beneficiándose de recursos destinados a iniciativas como as aldeas modelo, os polígonos agroforestais, as agrupacións de xestión conxunta ou áreas cortalumes”, explicou Marisol Díaz.  

INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destina para a provincia de Ourense 68,85 millóns de euros, 4,36 millóns máis que este ano.

• Creación dunha área segura de estacionamento para camións no polígono industrial de San Cibrao, con 500.000 euros. 

• Circunvalación Leste de Ourense no treito OU-105 (Benposta) e a N-525. Unha partida inicial de 250.000 euros, con investimentos previstos de 3 millóns en 2024 e 3,5 millóns en 2025.

• Mellora da rede viaria na OU-533 (A Gudiña-A Rúa) e OU-540 (Ourense - Fronteira de Portugal): 2,5 millóns de euros.

• Mellora da travesía de A Rúa, na OU-603, con 2,56 millóns de euros.

• Augas de Galicia: Máis de 1 millón de euros en actuacións de saneamento, abastecemento, tratamento de auga potable en Pereiro de Aguiar, Leiro, Boborás e Riós.

MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA

• Plan Rexurbe para a rexeneración de áreas urbanas: Máis de 600.000 euros en Ourense e máis de 500.000 en Ribadavia.

• Plan Hurbe: 2,7 millóns de euros, con actuacións en oito concellos: Toén, Viana do Bolo, Bande, Os Blancos, Vilariño de Conso, Boborás, A Veiga e A Peroxa.

• Investimento de 8,58 millóns de euros para solo empresarial. Destacan os 4,4 millóns para o Parque Tecnolóxico de Galicia e os 3,5 millóns para o parque empresarial de Xinzo de Limia. Inclúense accións nos parques de Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar, Taboadela e Verín. Polígono de San Cibrao das Viñas suma máis de 2,6M€.

• Destaca os 4,6 millóns para a nova planta de transferencia de Verín.

• Plans básicos municipais: Máis de 250.000 euros para doce concellos: Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo, Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de Río, San Amaro, Montederramo e Chandrexa de Queixa.

• Máis de 400.000 euros para catorce concellos: Bande, A Gudiña, A Merca, A Peroxa, Celanova, Nogueira de Ramuín, O Carballiño, Pobra de Trives, Vilar de Santos, Castro Caldelas, Manzaneda, Verín, Monterrei e Allariz.

TURISMO

”A Xunta de Galicia referenda a aposta polo turismo despois de celebrar o mellor Xacobeo da historia”, resalta Marisol Díaz. Entre os proxectos, destacan:

• Senda peonil e cicloturista de 5 Km. dende a Ponte Romana ata hospital e Paco Paz (4,5 millóns) que engancha coas obras de senda en Ponte Sevilla (de 1,1 Km) e Seixalvo xa executado.

• Reforma da avenida das Caldas: 2 millóns de euros

• Rehabilitación da oficina de turismo da Ponte Romana (antiga caseta do legoeiro) e construción dunha fonte termal: 600.000 euros.

• Rehabilitación e posta en valor do Castelo de Monterrei (5,6 millóns de euros).

(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: