Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O PPdeOU lamenta “a actitude obstrucionista e electoralista do PSOE de Ourense”, alegando contra uns orzamentos da Deputación que “reflicten as necesidades da provincia”

Imprimir ppou - 06-Outubro-2022 - 19:31:44 


O voceiro popular, Plácido Álvarez, carga contra o posicionamento dun Partido Socialista enredado no seus “tristes intentos de bloquear a maquinaria da Deputación”

“Esta xogada suporá alterar a actividade de concellos, asociacións e entidades nun momento especialmente sensible. Rafa Villarino amosa a mesma sensibilidade e compromiso con Ourense que cando xudicializou as axudas a 5.000 autónomos no máis cru da pandemia”

“Elvira Lama critica ao presidente da Deputación por non atender as peticións dos alcaldes despois de viaxar en setembro coa Banda Municipal grazas ao apoio do goberno provincial”

6, outubro, 2022

O Grupo Provincial do PP de Ourense lamenta “profundamente a actitude obstrucionista e electoralista do PSOE de Ourense”, que ven de anunciar en rolda de prensa que alegará contra os orzamentos da Deputación para 2023 que foron aprobados no pleno ordinario de setembro. 

O voceiro popular, Plácido Álvarez, carga contra o posicionamento dun Partido Socialista enredado no seus “intentos de bloquear a maquinaria da Deputación”: “Desgraciadamente, deste partido so temos novas por torpes xogadas deste tipo. Despois de estar un ano enteiro sen prantexar nin unha soa iniciativa para ser recollida no proxecto de orzamentos, espertan da súa sesta para protagonizar un par de roldas de prensa cheas de despropósitos e descualificacións persoais”.

Despois de celebrar a “saída da hibernación” do Grupo Provincial do PSOE de Ourense, Álvarez carga contra os “intereses reais” dos socialistas: “Estes orzamentos reflicten, como cada ano, as necesidades dos concellos e o tecido social ourensán. Por primeira vez, o PSOE alega contra este documento. Pero non é unha sorpresa. Unha vez máis, os socialistas tratan de obstruír a actividade deste goberno provincial co fin de torpedear as dinámicas de traballo e a excelente cooperación da administración provincial e os concellos, en contacto directo como demostra o deseño e execución do Plan de Obras Provincial”. 

“Rafa Villarino amosa hoxe a mesma sensibilidade con Ourense que cando xudicializou as axudas a 5.000 autónomos”

O voceiro popular recorda que esta “escura xogada suporá alterar a actividade de concellos, asociacións e entidades ourensás nun momento especialmente sensible”, no que a inflación e a suba de prezos dos materiais e enerxías está tensionando as tesourerías. “Rafa Villarino -destaca Plácido Álvarez- amosa hoxe a mesma sensibilidade e compromiso con Ourense que cando xudicializou as axudas directas a 5.000 autónomos no máis cru da pandemia”. 

Plácido Álvarez invita aos socialistas a explicar á sociedade ourensá as consecuencias das alegacións anunciadas esta mañá. “En todo caso, a previsibilidade e a capacidade organizativa deste goberno provincial, ben apoiado polos técnicos e funcionarios, permitirá zanxar esta situación no menor tempo posible. Os socialistas de Rafa Villarino volven a bater de xeito inútil contra a planificación desta administración provincial, que cada ano é a primeira de España en aprobar os seus orzamentos anuais”. 

De cara ao futuro, Plácido Álvarez recomenda ao Grupo Provincial do PSOE de Ourense cambiar “un argumentario completamente caduco, como se demostra elección tras elección, nas que o PP de Ourense consegue cifras récord de apoio da veciñanza, sen comparación en ningunha outra provincia española. E este tipo de actitudes da oposición, unido ao traballo diario do noso partido, invita a pensar que os resultados de maio de 2023 serán todavía mellores”. 

“Elvira Lama critica ao presidente da Deputación por non atender as peticións dos alcaldes despois de viaxar en setembro coa Banda Municipal grazas ao apoio do goberno provincial”

Plácido Álvarez destaca tamén a “amnesia selectiva” da alcaldesa de Xinzo: “Elvira Lama criticou esta mañá ao presidente da Deputación por non atender ás peticións de cada alcalde. E o di so uns días despois de viaxar á República Checa xunto á Banda Municipal de Xinzo nun desprazamento sufragado grazas á colaboración directa do goberno provincial. En fin”. 

O voceiro do Grupo Provincial do PP de Ourense sinala que, ao menos, Elvira Lama “acompañase esta mañá aos seus compañeiros de partido, despois de non asistir ao último pleno da Deputación, incumprindo a maior obriga dun deputado provincial”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: