Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Celso Delgado cualifica de “máximo exemplo de sectarismo político” o acto de inicio das obras da variante norte de Ourense

Imprimir ppou - 16-Septembro-2022 - 14:17:39 


• O deputado ourensán critica a “vergoñenta e inaudita” convocatoria dos socialistas, coa única participación de representantes e cargos institucionais do PSOE e a presenza da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera. "Só queren “patrimonializar unha obra de Estado, financiada con diñeiro de todos os cidadáns”

• Considera que se trata dunha estratexia do PSOE “para evitar que se fale dos retrasos acumulados nesta infraestrutura e da demora doutros proxectos estratéxicos, como a estación intermodal e as autovías A-56 e A-76

• Defende o traballo realizado desde sempre polo PP, “con ducias de iniciativas parlamentarias construtivas instando ao impulso desta infraestrutura aos diferentes gobernos, fóra de calquera sectarismo e partidismo”

16, setembro, 2022.

O deputado ourensán do Partido Popular no Congreso, Celso Delgado, cualifica de “máximo exemplo de sectarismo político” a visita a Ourense programada para hoxe da secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Isabel Pardo de Vera, con motivo do inicio das obras da variante norte do tramo Eirasvedras-Quintela. Un acto ao que no foi invitado ningún representante nin cargo institucional do PP -municipal, provincial, autonómico ou estatal- “como se non tivésemos nada que ver cun proxecto impulsado desde sempre polo PP, e que nos anos de goberno de Mariano Rajoy recibiu un forte apoio nos orzamentos de 2018, pero adiado polo executivo de Pedro Sánchez nada máis chegar ao poder”.

A propia convocatoria do acto é “vergoñenta e inaudita”, critica Celso Delgado, que destaca a única presenza de cargos socialistas “como se estivésemos a falar dunha infraestrutura proxectada e pagada exclusivamente con cartos do PSOE”. Engade o deputado do PP que os socialistas só queren “patrimonializar unha obra de Estado, financiada con diñeiro de todos os cidadáns, obviando que proxectos como este, prolongados no tempo, son froito do traballo de diferentes gobernos e que, polo tanto, todos os representantes públicos, de calquera partido, son merecentes de participar neste tipo de actos”.

Celso Delgado entende que “estamos ante unha estratexia do PSOE para evitar que se fale dos retrasos acumulados nesta obra”. En xaneiro de 2019 o goberno de Sánchez presentou un proxecto de Lei de Presupostos Xerais “no que non había consignación algunha para este tramo, o que provocou un maiúsculo rexeitamento da sociedade ourensá”. Finalmente eses orzamentos non foron aprobados de modo que continuaron prorrogados os de 2018.

Os anuncios sobre a licitación dos traballos continuaron, “emprazándose para finais de 2019 e logo para 2020”. Pero aínda máis, xa que nos orzamentos do Estado para 2021 “o goberno de Sánchez só consignou para este tramo a ínfima cantidade de 250.000 euros, cando na Lei de Presupostos de 2018 do PP -prorrogados en 2019 e 2020- había unha partida de 2,5 millóns de euros”.

INICIATIVAS PARLAMENTARIAS DO PP “FÓRA DE CALQUERA SECTARISMO E PARTIDISMO”.

O deputado ourensán defende o traballo realizado desde polo Partido Popular tanto no goberno como na oposición, “con ducias de iniciativas parlamentarias nas Cortes instando ao impulso desta infraestrutura, con preguntas, interpelacións e peticións de comparecencias realizadas aos diferentes gobernos, fóra de calquera sectarismo e partidismo”. Expresa ademais o seu profundo malestar e o do PP “polo desprezo co que se trata aos representantes públicos”.

Malia a ausencia no inicio destas obras, Celso Delgado insta á secretaria de Estado de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a que comprometa a licitación inmediata do seguinte treito da circunvalación (Quintela-A Casilla) e a que dea explicacións pola “inxustificable demora” na licitación das obras pendentes na Estación Intermodal de Ourense, con dous anos de retraso, por que continúan paralizadas as obras da circunvalación do Barco de Valdeorras, ou porque non houbo licitación algunha na autovía A-76 (Ourense-Ponferrada) e non se impulsan activamente os tramos que faltan da autovía A-56 (Ourense-Lugo).


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: