Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PPdeG reivindica a posta en valor do patrimonio histórico da man da cultura descentralizando eventos

Imprimir ppou - 15-Septembro-2022 - 18:34:40 


• A Comisión de Cultura do partido, presidida por Daniel Chapela, visitou esta tarde xunto a Pablo Pérez e José Luis Ferro a casa natal de Curros Enríquez no aniversario do seu nacemento

• Os populares homenaxearon a memoria do escritor e o seu papel central nun dos períodos máis relevantes da cultura galega, ademais de poñeren o foco “no potencial cultural de Celanova como berce ou punto referencial de varios autores chave da nosa literatura” 

• En Celanova, amosaron a súa satisfacción con diferentes iniciativas levadas a cabo desde a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense para “sacar a cultura á rúa e a todos aqueles espazos que teñen forte valor para a veciñanza”

• Critican que “o goberno de Antonio Puga decidise non continuar coas políticas do PP para avanzar na rehabilitación do burgo medieval de Vilanova dos Infantes, un proxecto no que o goberno do PP investira 600.000 euros nos anteriores catro anos”

15, setembro, 2022.

O PPdeG reivindicou “a memoria de todas aquelas persoas que contribuíron en poñer os chanzos para a construción da Galicia e da cultura de hoxe en día”, destacando a posición central no sistema cultural de figuras como Curros Enríquez, homenaxeado 171 anos despois do seu nacemento, “para unha época como o Rexurdimento, período vital no noso renacer como pobo”.

  
  
Así o expresaron os populares nunha visita da Comisión de Cultura, presidida polo coordinador deste eido, Daniel Chapela, á casa natal de Curros Enríquez e ao mosteiro de San Salvador, na que tamén estiveron acompañados polo presidente da xestora local do PP, Pablo Pérez, e o voceiro do PP local, José Luis Ferro. Segundo resaltaron, “a Xunta de Galicia traballa arreo na posta en valor e na difusión das figuras chave da nosa historia, como o renomeamento da Biblioteca Pública do Estado en Ourense como ‘Xeración Nós’, a creación da Biblioteca Nós por parte da Editorial Galaxia con financiamento autonómico ou a participación no padroado da Fundación Curros Enríquez”. 

Polo tanto, os populares destacaron “o papel activo e vertebrador que xoga a cultura nas accións públicas da Xunta de Galicia”. Unha folla de ruta, ampliaron nesta visita a Celanova, coincidente coa marcada pola Deputación de Ourense, tamén presente no padroado da Fundación Curros Enríquez e que ten na aposta pola cultura unha cuestión “absolutamente clave, cun rol estratéxico dentro do programa de goberno provincial”. 

Na súa intervención aos medios, a delegación popular apuntou que o obxectivo do partido de cara ás vindeiras eleccións municipais será seguir a ofrecer “novas propostas culturais que se adapten a un contexto cambiante como o actual, apostando por unha perspectiva plenamente inclusiva”.
 
O PATRIMONIO CULTURAL DE CELANOVA.

Durante a visita, os populares esixiron que o actual goberno local de Celanova aposte polo patrimonio de cheo, no canto de “deixar de lado a historia e a cultura da vila, deixándoa morrer por falta de investimentos”. “É necesario que o goberno local crea na cultura como un elemento dinamizador da economía e que asenta poboación, pois este é un sector que representa en Galicia máis do 3% do PIB e do 3,6% do emprego”, destacou Pablo Pérez. 

Dese xeito, a delegación popular puxo o foco sobre “o inmenso patrimonio histórico do que goza Celanova, do que dá fe o Mosteiro de San Salvador, declarado Monumento Nacional en 1931, e que na actualidade demanda o arranxo de moitos dos seus espazos para abrilos ao seu uso por parte da veciñanza”. Outras mostras foron o Castro de Castromao, declarado BIC a petición do PP e “no que é necesario retomar as excavacións arqueolóxicas” e o burgo medieval de Vilanova dos Infantes, un espazo no que no último mandato popular se investiron 600.000€, “en contraposición co goberno de Antonio Puga, de investimento 0”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: