Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar, no Día do Afiliado de Novas Xeracións:

Imprimir ppou - 30-Xullo-2022 - 15:17:23 

 

  • "Para seguir mellorando a calidade de vida dos galegos é necesaria unha boa canteira. Sen vós, este partido non é nada".
  • O presidente provincial remarca que as Novas Xeracións de Galicia proporcionan ao PPdeG "un plus chave para construír as maiorías que a xente pide. Porque este non é un momento para a fragmentación".

 

30, xullo, 2022

O presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá en Cenlle na clausura do Día de Afiliado de Novas Xeracións de Galicia. No peche deste acto, celebrado no Pazo de Toubes e no que tamén interviron o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Adrián Pardo, Manuel Baltar resaltou a importancia de reivindicar o "traballo da mocidade dentro desta organización, a que máis se parece a Galicia".

O presidente provincial puxo en valor a importancia do Día do Afiliado: "É sumamente importante, e máis presidindo a Xunta de Galicia e o PPdeG alguén como Alfonso Rueda, que leva no seu currículum presidir Novas Xeracións de Galicia, e con Adrián Pardo, un referente galego e nacional na xestión desta organización xuvenil".

Na súa intervención, Manuel Baltar incidiu no obxectivo final do PPdeG, "seguir mellorando a calidade de vida dos galegos", para o que "é necesario unha boa canteira, como son as Novas Xeracións. Sen vos este partido non é nada, vos dades un plus chave para construír as maiorías que a xente pide, porque este non é un momento para a fragmentación".

"Xuntos somos máis, e grazas o voso apoio hoxe estamos. Agora, queda menos dun ano para as eleccións municipais: sempre queremos gobernar co apoio da maioría, e co voso traballo gobernaremos en máis concellos", reivindicou o presidente do PP de Ourense.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: