Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 César Fernández obtén o apoio unánime para liderar en Ribadavia “o obxectivo irrenunciable de recuperar a alcaldía para o PP”

Imprimir ppou - 22-Xullo-2022 - 21:42:55 


• Coa asistencia dun cento de persoas, a clausura do congreso local extraordinario celebrado esta tarde na capital do Ribeiro contou coa presenza do presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, e a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado

• Manuel Baltar afirmou que César Fernández representa os valores que defende o PP: “En vinte meses de mandato ofreceu a Ribadavia un goberno estable, sólido e crible, cun alcalde formado, respectuoso e dialogante”

• O presidente local afirmou que o seu reto é “continuar o proxecto político que iniciamos en 2019 cun goberno perfectamente lexitimado, pero que truncou un pacto de despacho entre grupos que hoxe nin se falan”

22, xullo, 2022.

César Fernández Gil foi elixido presidente do Partido Popular de Ribadavia no congreso local extraordinario celebrado esta tarde na capital do Ribeiro, conclave no que obtivo o apoio unánime dos compromisarios e ante os que se marcou “como obxectivo irrenunciable recuperar a alcaldía para o PP nas eleccións municipais de maio de 2023”. Fernández Gil repite así un novo mandato á fronte dos populares de Ribadavia, etapa na que estará acompañado por unha directiva que integran dezasete persoas “e á que se incorpora máis mocidade para facela partícipe deste proxecto político”.

  
  
O congreso local, ao que asistiron preto dun cento de persoas, contou coa presenza da secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e do presidente dos populares ourensáns, Manuel Baltar, que participaron no acto de clausura.

“En vinte meses de mandato, César Fernández foi quen de ofrecer a Ribadavia un goberno estable, sólido e crible, cun alcalde formado, respectuoso e dialogante”, dixo Manuel Baltar na súa intervención, afirmando que “estes son os valores que defendemos desde a nosa formación”. O presidente dos populares de Ribadavia, engadiu Baltar, “encarna ademais un dos nosos principios  básicos, como é unha política baseada no respecto institucional, de achegamento e colaboración co resto das administracións”.

Manuel Baltar emprazou aos afiliados a que sigan traballando con rigorosidade para conseguir  “unha Ribadavia mellor”, destacando que todo pasa por “facer máis forte o partido para conseguir de novo un goberno estable que converta á vila e a todo o concello en referencia para Galicia”.


“CONSEGUIR UNHA MAIORÍA CLARA, SEN DEPENDENCIAS DE NINGÚN TIPO”.

“Hoxe renovamos o noso compromiso coa veciñanza de Ribadavia”, afirmou César Fernández trala súa reelección. Un reto que para o xa presidente local do PP ten que pasar necesariamente “por continuar o proxecto político que iniciamos tralas eleccións de 2019, poñendo en marcha un goberno perfectamente lexitimado para avanzar no progreso do municipio, pero que truncou un pacto de despacho entre grupos que hoxe nin se falan”.

Fernández advertiu que se perderon moitos meses de traballo “e cómpre devolver a Ribadavia e á súas xentes o orgullo de pertencer a unha vila cunha gran historia, recuperando o liderado dunha comarca de enorme peso na provincia como O Ribeiro”. Na procura deste obxectivo “imos pedir á veciñanza que nos dea o seu apoio para conseguir unha maioría clara, sen dependencias de ningún tipo”.

Para afrontar estes retos “non van faltar ganas, ilusión e moitas doses de compromiso”, engadiu o presidente local do PP, que agradeceu a confianza da dirección provincial na persoa de Manuel Baltar e o apoio mostrado polo PP de Galicia coa presenza de Paula Prado. 


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: