Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Pablo Pérez, na primeira reunión da xestora: “O PP de Celanova é un partido de goberno aberto á veciñanza e con capacidade para construír un proxecto político de consenso”

Imprimir ppou - 16-Xullo-2022 - 12:52:19 


• O presidente da xunta xestora local avanza o “diálogo permanente” coa sociedade, para rearmar o partido e debuxar “un novo tempo para Celanova, cunha xestión municipal que aproveite tódalas potencialidades da nosa vila”

16, xullo, 2022.

A xunta xestora do PP de Celanova, presidida por Pablo Pérez, celebrou a súa primeira reunión na sede local cunha notable asistencia de militantes e simpatizantes. Precisamente, Pablo Pérez incide nesta alta participación coma unha mostra de que “o PP de Celanova sempre foi un partido aberto e nesta nova etapa potenciaremos esta conexión coa veciñanza”.

  
  
O presidente da xestora local define ó PP de Celanova como o “partido que máis se asemella á cidadanía de Celanova”, nunha relación construída a través dun “proxecto político amplo, de consenso, apoiado no constante diálogo e que escoita as necesidades e inquedanzas da sociedade”. Unha folla de ruta, explica Pablo Pérez, que ten que desembocar nun novo tempo para Celanova, “cunha xestión municipal que aproveite tódalas potencialidades da nosa vila”.
 
REUNIÓNS MENSUAIS E MÁIS ENCONTROS COS SECTORES SOCIOECONÓMICOS DA VILA.

Neste proceso de perfilar un novo ciclo político en Celanova, Pablo Pérez debuxa a vontade de seguir consolidando o bo traballo realizado polo partido na vila, “consolidando a agrupación local” e “sumando a máis veciñas e veciños ó novo proxecto á vez que continuamos mantendo encontros cos celanovenses”. Para reforzar esta liña de traballo, a xunta xestora do partido manterá reunións mensuais e seguirá celebrando reunións cos representantes do tecido socioeconómico da vila.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: