Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 César Fernández será o único candidato á presidencia da agrupación do PP en Ribadavia

Imprimir ppou - 12-Xullo-2022 - 15:12:38 


• César Fernández asume o reto da reelección como presidente da xunta local co “obxectivo claro e irrenunciable de recuperar a alcaldía de Ribadavia para o Partido Popular”

• O candidato quere o partido sexa “unha ferramenta útil para que as veciñas e veciños de Ribadavia recuperen a ilusión”, aspirando a que “o concello volva a ter a posición de liderado que tivo na comarca como capital do Ribeiro”

12, xullo, 2022.

O Comité Organizador dos Congresos locais extraordinarios do Partido Popular de Ourense proclamou hoxe a César Fernández como candidato único á presidencia da agrupación popular en Ribadavia, unha vez comprobada a validez de todos os apoios presentados. O xa candidato aspira así a reelección como presidente desta xunta local no conclave previsto para o próximo día 22.

  
  
César Fernández agradeceu o apoio recibido entre a militancia de Ribadavia “para asumir novamente o reto de presidir o PP neste municipio”. Un paso que afirma dar “coa máxima responsabilidade e ilusión”, ao tempo que formula a principal meta que debe afrontar neste novo período: “O obxectivo claro e irrenunciable de recuperar a alcaldía de Ribadavia para o Partido Popular”.

Tralo remate do congreso e desde o primeiro minuto, asegura Fernández, “será a miña obriga comezar a traballar para alcanzar este obxectivo”. O candidato á presidencia da agrupación local quere que o partido sexa “unha ferramenta útil para que as veciñas e veciños de Ribadavia recuperen a ilusión”, pero engade que tamén deben aspirar a que “o concello volva a ter o esplendor e a posición de liderado que tivo na comarca como capital do Ribeiro”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: