Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Luis Menor, proclamado candidato único á presidencia local do PP en Pereiro de Aguiar

Imprimir ppou - 05-Xullo-2022 - 17:35:35 


• O Comité Organizador dos congresos locais extraordinarios, reunido esta tarde, validou os preto de medio cento de avais rexistrados en tempo e forma polo actual presidente da agrupación, que opta así á súa reelección: “Toda unha mostra de apoio que me enche de forza para seguir desenvolvendo o labor feito nestes tres anos e medio”

• O candidato afirma que “a partir deste momento reactivamos a engrenaxe do partido para a cita electoral máis importante, as municipais do ano próximo, na que esperamos contar coa maioría dos votos da veciñanza como ocorreu historicamente neste concello”

• Cara o período de campaña electoral interna que se abre mañá e rematará o día 11, adianta que percorrerá o municipio “presentando as súas propostas para un novo mandato, cun equipo renovado e cun partido máis amplo grazas ás novas afiliacións”

5, xullo, 2022.

O Comité Organizador dos Congresos locais extraordinarios do Partido Popular de Ourense proclamou hoxe a Luis Menor como candidato único á presidencia da agrupación local de Pereiro de Aguiar, trala reunión celebrada esta tarde na sede provincial e na que se validaron os preto de medio cento de avais presentados en tempo e forma polo aspirante á reelección no conclave convocado para o 16 de xullo no auditorio dos Gozos. 

  
  
“Toda unha mostra de apoio que me enche de forza para seguir desenvolvendo o labor feito nestes tres anos e medio”, dixo Luis Menor destacando así a positiva resposta dos afiliados de Pereiro de Aguiar. O xa candidato afirmou que “a partir deste momento reactivamos a engrenaxe do partido para a cita electoral máis importante, que son as municipais do ano próximo, na que esperamos contar coa maioría dos votos da veciñanza como ocorreu historicamente neste concello”.

Mentres e no período de campaña electoral interna que se abre mañá e rematará o día 11, Menor adiantou que percorrerá o municipio “presentando as súas propostas para un novo mandato, cun equipo renovado e cun partido máis amplo grazas ás novas afiliacións que vimos tendo”.

É o momento de “aglutinar o apoio dos afiliados para culminar un proceso interno e que ese apoio se traduza logo nas urnas por parte da cidadanía, converténdonos nunha alternativa clara e nun instrumento para que o PP siga gobernando na provincia e Galicia e alcance o goberno de España”, concluíu.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: