Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar expresa a súa satisfacción polas novas incorporacións ourensás á dirección o PP que “referendan o noso peso a nivel nacional e galego”

Imprimir ppou - 23-Maio-2022 - 19:29:19 


• O Comité Executivo Nacional nomeou á deputada no Congreso Ana Vázquez como responsable da Secretaría de Interior, e a Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta, titular da Secretaría de Exterior

• O presidente provincial destaca que o esforzo e a dedicación das mulleres e homes do PP de Ourense tradúcese nunha dobre confianza: “No maioritario apoio nas urnas, e cunha ampla representación nos órganos de dirección do PP” 

23, maio, 2022.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, vén de expresar a súa satisfacción polas novas incorporacións ourensás ao organigrama da dirección nacional do Partido Popular. Tal e como acordou hoxe o Comité Executivo Nacional, a deputada no Congreso Ana Vázquez pasa a ser a responsable da Secretaría de Interior, e Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta, titular da Secretaría de Exterior.

  
  
Estas novas incorporacións “referendan o peso dos populares ourensáns na nosa formación, tanto a nivel nacional como galego”, destaca Manuel Baltar. Refírese así á representación de Ourense no partido, comezando polo presidente nacional, Alberto Núñez Feijóo, para seguir polo propio presidente provincial, o primeiro do PP ourensán en formar parte do Comité Executivo a nivel español, e ademais a vintena de representantes da provincia que desde o pasado domingo integran á dirección galega baixo as ordes de Alfonso Rueda.

Para Manuel Baltar, o esforzo e a dedicación continua que as mulleres e os homes do PP de Ourense demostran por este territorio tradúcese nunha dobre confianza: “No maioritario apoio nas urnas por parte da veciñanza, con resultados récord en calquera das convocatorias electorais, e cunha ampla representación nos órganos de dirección do PP para contribuír á quinta maioría absoluta en Galicia e que un ourensán, Feijóo, sexa presidente de España”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: