Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Manuel Baltar: “Grazas Feijóo, parabéns Alfonso Rueda e imos a por un éxito arrollador nas municipais de 2023”

Imprimir ppou - 22-Maio-2022 - 13:59:39 


• Agradece ao presidente nacional do PP “o feito no pasado, no presente e de modo anticipado polo que vai facer no futuro”

• Afirma que non había outra persoa que Alfonso Rueda para recoller o liderado do partido: “En min terás o maior e mellor colaborador”

• Coas eleccións municipais no horizonte, subliñou, “o partido está preparadísimo para saír ao encontro das veciñanza, como estamos todos os días, e ser quen de obter unha grandísima victoria”

22, maio, 2022.

Grazas, parabéns e éxitos foron as tres palabras clave sobre as que o presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, fixo xirar a súa intervención no 18º Congreso Extraordinario do PPdeG, que rematou esta mañá en Pontevedra coa proclamación de Alfonso Rueda como novo presidente dos populares galegos. 

  
  
Manuel Baltar comezou dando as grazas a Alberto Núñez Feijóo “polo feito no pasado, no presente e anticipadas polo que vai facer no futuro”. Do anterior presidente galego e agora do PP nacional destacou “todo o que lle debemos logo deste tempo, con esas castro maiorías absolutas e esa forma de levar con orgullo a súa pertenza ao PP de Galicia”. Un agradecemento que tamén dirixiu a Miguel Tellado, “que fixo unha grandísima tarefa como secretario xeral do PP de Galicia”

No capítulo de parabéns, o presidente provincial afirmou que non había outra persoa que Alfonso Rueda para suceder a Feijóo e liderar este partido, lembrado as palabras que pronunciou en Ourense: “En min terás o maior e mellor colaborador”. Ademais de felicitar tamén á nova secretaria xeral, Paula Prado, Baltar asegurou que o PP de Galicia, “vai seguir a senda que lle levou a todas esas victorias, “baseada no centrismo, alonxada de radicalismos, reformista, galeguista, municipalista e europeísta, agora co estilo de goberno de Rueda tanto no partido como no executivo autonómico e iso está alcanzado de seu”. 

UNHA TRANSICIÓN “CHEA DE XENEROSIDADE E UNIDADE”.

No tocante aos éxitos, Manuel Baltar advertiu as convocatorias electorais que están por chegar: “Restan 371 días para as próximas eleccións municipais, nas que imos ter un trunfo arrollador; logo as xerais, que non sabemos cando se convocarán e nas que esperamos que gañe o noso presidente nacional; e máis tarde as autonómicas, que si dependen da decisión de Alfonso Rueda”. Tres eleccións para un partido que “está preparadísimo para saír ao encontro das veciñanza, como estamos todos os días, e ser quen de obter unha grandísima victoria”.

O PP de Galicia, engadiu, resolveu dun modo modélico unha transición “chea de xenerosidade e de unidade, facendo o que pedía Galicia e cun partido reunido en torno a unha persoa, Alfonso Rueda, que seguirá liderando esta formación política e esta nacionalidade histórica”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: