Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar: “Aquí tes Alfonso o maior, mellor e máis leal colaborador para facer xuntos máis Ourense e máis Galicia”

Imprimir ppou - 05-Maio-2022 - 22:23:57 


• Na Xunta Directiva provincial do PP de Ourense, coa presenza do candidato á presidencia do PPdeG, O líder dos populares ourensáns remarcou que todas as respostas están en Ourense: “Aquí somos todos un, e ante calquera chamada sempre respondemos cunha única solución: traballar e gañar”

• Definiu o PP provincial como “moi autoesixente”, co obxectivo de presentarse ás locais de 2023 “para gobernar, non para facer oposición, superar os actuais 62 gobernos municipais e obter a maioría absoluta na Deputación, o goberno máis importante dos populares logo da Xunta”

5, maio, 2022.

  
  
  
O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, reafirmou hoxe o seu apoio ao candidato á presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurando que “en min terás o maior, mellor e máis leal colaborador para facer xuntos máis Ourense e máis Galicia, sen ter que estar no Parlamento o una Xunta”. En Santa Cruz de Arrabaldo, onde se reuniu a Xunta Directiva dos populares ourensáns para escoitar a Rueda na súa campaña electoral para o congreso extraordinario do 21 e 22 de maio en Pontevedra, Manuel Baltar remarcou que “todas as respostas están en Ourense, aquí somos todos un, e ante calquera chamada sempre respondemos cunha única solución: traballar e gañar”.

Baltar puxo en valor un territorio “que ten achegado moito a este proxecto político, coa nota distintiva como berce do pensamento político galeguista”. O PP ourensán ten o seu estilo, “como tamén hai un estilo Rueda de facer política, marcado polo traballo en distintas responsabilidades ao lado do mellor político de España en todos estes anos: Feijóo, un ourensán que preside o PP nacional  e será presidente do goberno de España”.

Referendou Manuel Baltar “a solución modélica” ofrecida para substituír o hiperliderado de Núñez Feijóo, como cando Fraga, “cun exemplo de  estabilidade, de comportamento como partido, optando como é lóxico e natural por facer un congreso extraordinario”.

Ante o que chamou “presidente Rueda” definiu o PP de Ourense como “moi autoesixente e capaz de dar máis, cun resultados estratosféricos para calquera outra formación”, en referencia aos históricos resultados obtidos en xerais, europeas e autonómicas: “e imos ás locais do 28 de maio de 2023 a gobernar, non para facer oposición, co obxectivo superar os actuais 62 gobernos municipais, un de cada tres do PP en Galicia, e obter a maioría absoluta na Deputación, que a día de hoxe é o goberno máis importante dos populares logo da Xunta”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: