Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 Clausura do XX Congreso Nacional Extraordinario do PP. Manuel Baltar: “Desde mañá temos moito traballo cunha misión importantísima: recuperar o goberno da nación”

Imprimir ppou - 02-Abril-2022 - 14:52:17 


• O presidente do PP de Ourense exercerá en Sevilla a súa nova responsabilidade como membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular: "É unha honra formar parte do equipo de Alberto Núñez Feijóo"

• Expresou a súa satisfacción pola “práctica unanimidade” que suscitou entre os compromisarios a candidatura “dun ourensán que presidirá a forza política máis importante de España e que, co traballo de todos, será presidente do goberno”

• Este congreso deixa dúas grandes noticias: “un ourensán presidente do partido, e o presidente do partido en Ourense formando parte do Comité Executivo”

2, abril, 2022.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, exercerá desde mañá domingo a súa nova responsabilidade como membro do Comité Executivo Nacional do PP, que ten previsto reunirse por primeira vez tamén en Sevilla, onde o plenario do XX Congreso Nacional Extraordinario dos populares proclamou como presidente a Alberto Núñez Feijóo, co 98,35 % de apoio.

  
  
Sen deixar de expresar a súa “gran ilusión” por esta nova etapa, Manuel Baltar destacou que “desde mañá temos moito traballo por diante cunha misión importantísima: recuperar o goberno da nación”. Pero non só iso, advertiu, senón facer de España “unha nación respectada, mellorar os servizos públicos, recuperar a economía... Todo o que fai sempre o Partido Popular cando os españois lle entregan a súa confianza”

Manuel Baltar expresou a súa satisfacción pola “práctica unanimidade” que suscitou entre os compromisarios a candidatura “dun ourensán que presidirá a forza política máis importante de España e que, co traballo de todos, será presidente do goberno”.

Para Baltar “é unha honra formar parte do seu equipo elixíndome para entrar no Comité Executivo Nacional, a primeira vez que un presidente dos populares de Ourense forma parte deste órgano máis executivo do partido”, cuxa función é goberno e administración do partido entre congresos.

Este congreso, concluíu, deixa dúas grandes noticias: “un ourensán presidente do partido, e o presidente do partido en Ourense formando parte do Comité Executivo”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: