Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 XX Congreso Nacional do PP: Manuel Baltar, proposto para o novo Comité Executivo Nacional

Imprimir ppou - 01-Abril-2022 - 21:26:28 


• “Estou sumamente orgulloso da confianza posta en min por Feijóo para integrarme no seu equipo. Como el mesmo dixo, agora haberá dous ourensáns no Comité Executivo Nacional"

• Convértese no primeiro presidente do PP ourensán en formar parte deste órgano de dirección

• O presidente provincial encabeza unha ampla delegación para arroupar a un ourensán, Alberto Núñez Feijóo, “que vai presidir o partido a nivel nacional e, sen dúbida, vai ser o presidente da nación”

1, abril, 2022.

Manuel Baltar pasará a formar parte do novo Comité Executivo Nacional do Partido Popular, converténdose no primeiro presidente da formación en Ourense que ocupa un posto neste órgano de dirección. “Unha gran noticia para a nosa forza política e para o futuro do país”, declarou Baltar tras coñecer a composición do Comité Executivo proposta polo candidato á presidencia nacional, Alberto Núñez Feijóo, no plenario do XX Congreso Nacional Extraordinario que o PP celebra en Sevilla.

  
  
“Como presidente do partido de Ourense estou sumamente orgulloso da confianza posta en min por Feijóo para integrarme no seu equipo”, recoñeceu Manuel Baltar. “Como el mesmo dixo, agora haberá dous de Ourense no comité”, engadiu, subliñando que este é un paso máis na representatividade dunha formación como a ourensá que foi quen de conseguir históricas porcentaxes de apoio e os mellores resultados electorais nas diferentes convocatorias –locais, xerais, autonómicas e europeas-, mesmo con resultados non superados por ningún outro partido de calquera formación en calquera provincia.

Ata o Palacio de Congresos e Exposición de Galicia desprazouse unha numerosa representación delegación ourensá composta por máis dun cento de persoas, entre compromisarios electos, natos e invitados. “Una gran delegación do PP de Ourense para arroupar a un ourensán como Alberto Núñez Feijoo, que desde esta fin de semana vai presidir o partido a nivel nacional e, sen dúbida, vai ser o presidente da nación”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: