Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular de Ourense arroupa en Santiago ao ourensán Alberto Núñez Feijóo como candidato á presidencia nacional

Imprimir ppou - 16-Marzo-2022 - 20:39:21 


• Manuel Baltar asegura que os populares de Ourense “van dar de si toda súa forza” para que Feijóo gañe as próximas eleccións xerais

• Destacou que a forza do PP ourensán verase en Sevilla, pero tamén “dentro deste tempo importante que se abre en Galicia demostraremos a nosa capacidade para dar o mellor de nós mesmos”

16, marzo, 2022.
  
  
O Partido Popular de Ourense arropou hoxe a Alberto Núñez Feijóo no acto celebrado na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, dentro da campaña que está a realizar por toda España como candidato á presidencia nacional. Unha convocatoria á que respondeu unha importante delegación de cargos orgánicos dos populares ourensáns, representantes nas Cortes Xerais, parlamentarios autonómicos, alcaldes, concelleiros e militantes.

Tras “un acto moi potente”, o presidente provincial, Manuel Baltar, afirmou que o PP de Ourense “vai dar de si toda a súa forza” para que Feijóo gañe as próximas eleccións xerais. A primeira demostración foi arroupar “a un ourensán como Alberto Núñez Feijóo, un referente a nivel nacional como presidente autonómico e a persoa capaz de unir o partido”.

No obxectivo de gañar as próximas eleccións xerais, subliñou Baltar, o próximo presidente nacional contará con todo o apoio do Partido Popular de Ourense, “que é o máis forte de España”. Lembrou nesta liña que na última convocatoria nacional “non houbo ningunha outra formación en ningunha outra provincia cun apoio en porcentaxe tan grande como o noso”.

Unha forza que Manuel Baltar asegurou que se demostrará tamén no congreso extraordinario que se celebrará os días 1 e 2 de abril en Sevilla. 
non só iso: “despois, dentro deste tempo importante que ademais se abre 
en Galicia, tamén demostraremos a nosa capacidade para dar o mellor de 
nós mesmos”.

  
  


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: