Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
Congresos Locais
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP avoga por políticas de cohesión social e dinamización demográfica “con perspectiva de xénero como reto irrenunciable”

Imprimir ppou - 08-Marzo-2022 - 13:12:00 


• Nun acto con motivo do Día Internacional da Muller, o vicepresidente dos populares ourensáns, Rosendo Fernández, pediu “o compromiso rotundo dos partidos políticos, administracións e asociacións para contribuír a unha mellor calidade de vida das mulleres galegas, en especial aquelas en situación de dificultade ou especial vulnerabilidade”

• En nome das mulleres do Partido Popular, Jackeline Fernández, Eugenia Díaz e Diana Sulleiro reclamaron “convivir en igualdade para un futuro sostible” e pediron “toda a solidariedade” coas mulleres de Ucraína 

8, marzo, 2022.

O Partido Popular de Ourense conmemorou esta mañá o Día Internacional da Muller cun acto celebrado na rúa do Paseo da capital, ao carón da escultura da Leiteira, e organizado polo Observatorio da Igualdade, recen constituído a iniciativa da vicesecretaría de Igualdade que dirixe María Antonia Rilo.

  
  
Entre as mensaxes do día, o vicepresidente do PP ourensán, Rosendo Fernández, reclamou “asegurar o benestar integral de todas as mulleres e avanzar noutras políticas de cohesión social e dinamización demográfica, a través de medidas favorecedoras da plena igualdade e con perspectiva de xénero como reto irrenunciable”.

Fernández avogou por un “compromiso rotundo dos partidos políticos, sindicatos, administracións, institucións e asociacións en xeral para contribuír a unha mellor calidade de vida das mulleres galegas, facendo fincapé na atención das mulleres maiores, con discapacidade, inmigrantes ou con problemas de saúde prevalentes, como aqueles asociados aos dereitos relacionados coa saúde sexual e reprodutiva e coa maternidade”.

En nome das mulleres do Partido Popular, Jackeline Fernández, Eugenia Díaz e Diana Sulleiro pediron “manter ou superar o nivel de representación feminino con actuacións que teñan como eixo fundamental a mesma premisa: convivir en igualdade para un futuro sostible”, ademais de amosar toda a solidariedade coas mulleres que viven a terrible guerra de Ucraína. Precisamente o acto rematou cun minuto de silencio en memoria das vítimas.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: