Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 Manuel Baltar destaca a potencia electoral dun PPdeG “galeguista, centrista, reformista e municipalista”

Imprimir ppou - 02-Febreiro-2022 - 18:34:18 


• O presidente popular de Ourense pide no comité executivo do PPdeG preparar "proxectos de provincia"  para as eleccións municipais de 2023: "Quedan 68 semanas, hai tempo pero hai que aproveitalo"

• Sitúa como obxectivo superar os mellores resultados históricos e, tras cumprir 12 anos ao fronte do PPdeOU, remarca o "orgullo" por militar nesta formación política

2, febreiro, 2022.

O presidente do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, interveu esta mañá no comité executivo do PPdeG poñendo a mirada no horizonte das eleccións locais de 2023: “Hoxe é o Día da marmota en Estados Unidos: dormen ata sete meses seguidos. Pero este non é un partido marmota. Son outros os que están durmidos sempre. Nós sempre estamos preparados, estamos nas campañas das eleccións locais”. 

  
  
Manuel Baltar reflexionou na súa intervención en Santiago sobre as potentes raíces do partido que preside en Ourense, enlazando o mítico “Ulises” de James Joyce co ideario do PPdeG: “Hoxe cúmprense 100 anos da saída desta novela de Joyce. ‘Ulises’ foi traducida ao galego por Ramón Otero Pedrayo, un ourensán do que vimos de celebrar en 2020 os cen anos da Xeración Nós. E digo isto porque somos un partido galeguista, centrista, reformista e municipalista”. O presidente popular de Ourense sitúa estas catro características -“sen dúbida acadadas en Galicia cando nos presidía don Manuel Fraga, do que este ano será o centenario do seu nacemento”-, como a chave que explica a conexión do PPdeG cos galegos. “Ser un partido galeguista, centrista, reformista e municipalista fixo que nesta comunidade autónoma, nesta nacionalidade histórica, non xurdisen forzas de centrodereita como en Euskadi e Cataluña que son as preferidas polo electorado. Aquí somos o Partido Popular de Galicia”.
 
“ELECCIÓNS LOCAIS E NON MUNICIPAIS, PORQUE DESTES COMICIOS SAEN AS DEPUTACIÓNS”.

Na súa comparecencia remarcou a importancia dos vindeiros comicios locais: “Son a nai de todas as eleccións, como lle gusta escoitar ao noso anfitrión, Borja Verea. E digo que son locais porque saen tamén as Deputacións. O outro día o falabámos na interparlamentaria con Pepa Pardo, Martina Aneiros e Javier Castiñeiras”. Manuel Baltar quixo agradecer a Miguel Tellado que convocase para esa interparlamentaria aos deputados provinciais: “Porque eles tamén están no territorio e levan medidas moi cercanas ao territorio. E porque tamén hai que poñelos en valor. Son magníficos embaixadores das políticas que podemos activar dende o partido”. 

A reunión de esta mañá foi clausurada polo presidente do partido, Alberto Núñez Feijóo. Antes, interviñeron o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e o resto de presidentes provinciais -Diego Calvo (A Coruña), Alfonso Rueda (Pontevedra) e Elena Candia (Lugo)-, ademáis de Manuel Baltar: “E hoxe temos comité executivo. Sen dúbida somos un partido executivo: este comité nacido do anterior congreso ten toda a lexitimidade mesmo para incorporar afiliados de base que aportarán o mellor de seu”, aplaudiu o ourensán sobre a entrada no comité de dirección do PPdeG de 20 afiliados de base.

“QUEDAN 68 SEMANAS: HAI TEMPO, PERO HAI QUE APROVEITALO”

O líder provincial aproveitou a súa intervención no comité executivo do PPdeG para lembrar a importancia de traballar en clave provincial. “Que ninguén esqueza as 68 semanas que quedan para as eleccións locais, que sexamos capaces de presentar tamén un proxecto de provincia”. 

Manuel Baltar, elixido de novo coma presidente do PPdeOU no congreso celebrado o 26 de setembro de 2021, lembrou en Santiago que o pasado domingo cumprliu 12 anos ao fronte da formación ourensán: “Teño que estar profundamente satisfeito de pertencer a esta formación política, cos resultados que cos compañeiros fomos quen de conquerir nestes 12 anos. Resultados históricos en autonómicas ou xerais -no 2019 fomos a provincia con maior porcentaxe de apoio en España a calqueira formación política-, en momentos que, parece, non eran tan bos como os que veñen. O partido afronta as próxima contenda, as locais, con mellor sensacións”. 

O presidente provincial do PPdeOU volveu a poñer os obxectivos para a súa formación na provincia. “Neste intre gobernamos en 61 dos 92 concellos da provincia de Ourense. 3 de cada 4 ourensáns ten un goberno popular, e queremos obter nestas eleccións do 2023 os mellores resultados históricos nunhas eleccións locais”. E para acadar este récord (sería superar as 71 alcaldías), Manuel Baltar destacou a importancia do traballo diario: “Hai tempo, pero o tempo hai que aproveitalo. Reunións como esta, para poñer en valor as nosas experiencias de goberno e políticas, son moi importantes. Saber que os nosos gobernos son capaces de facer grandes cousas, no ámbito da xestión, dos proxectos, da innovación, en idear, en imaxinar, en contar cos veciños”. O presidente provincial de Ourense remachou amosando o seu orgullo polo partido no que milita. “Convites como o de hoxe, para seguir participando e seguir facendo do  Partido Popular o orgullo de Galicia é tremendamente importante”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: