Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +

Blog

 O Partido Popular aproba a liquidación das contas do exercicio de 2021

Imprimir ppou - 28-Xaneiro-2022 - 19:46:28 


• “Un gran esforzo económico, ademais dun exercicio de transparencia e un exemplo de rigorosa xestión, para que a maquinaria loxística e orgánica do noso partido colla a alta velocidade que nos vai esixir a preparación das eleccións locais do 28 de maio de 2023”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar, na primeira reunión do Comité Executivo no presente ano

28, xaneiro, 2022.

O Partido Popular de Ourense celebrou esta tarde a primeira das reunións dos seus órganos de goberno coa convocatoria do Comité Executivo para aprobar a liquidación das contas correspondentes ao exercicio de 2021. Un documento económico que reflicte uns ingresos de 407.612,60 € euros e uns gastos de 440.087,61. Un resultado no que influíron os gastos derivados das obras de reforma da nova sede provincial e das novas oficinas do PP no Carballiño; os alugueres de ambos os dous locais; un terceiro pagamento polas actuais instalacións na capital; e a celebración do XVIII Congreso Provincial do partido no mes de setembro.

  
  
“Un gran esforzo económico, ademais dun exercicio de transparencia e un exemplo de rigorosa xestión, para que a maquinaria loxística e orgánica do noso partido colla a alta velocidade que nos vai esixir a preparación das eleccións locais do 28 de maio de 2023”, dixo o presidente provincial, Manuel Baltar.

A única convocatoria certa para o próximo ano, engadiu, “xa que tamén deberían celebrarse as eleccións xerais, pero non temos nin a máis remota idea das intencións do señor Sánchez, que ademais de depender das idas e voltas dos seus socios de goberno tamén ten agora a vista posta en Castela e León, onde agardamos demostrar a fortaleza do Partido Popular”.

Xa no ámbito provincial, Manuel Baltar subliñou que a formación ourensá segue a facer traballo político “pois como afirmei no pasado congreso provincial, o PP é o partido de Ourense e o que traballa sempre en modo campaña, haxa ou non eleccións, porque só desde un partido forte e unido se pode chegar ao goberno, e iso é o que demostramos obtendo en diferentes convocatorias os mellores resultados electorais, fosen eleccións municipais, xerais, europeas, ou autonómicas”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: