Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O senadores reclaman máis inversións do Estado en Ourense para impulsar as comunicacións por autovías e ferrocarril

Imprimir ppou - 18-Decembro-2021 - 12:23:46 


• Os representantes ourensáns na Cámara Alta presentaron un paquete con trinta emendas aos orzamentos xerais do Estado de 2022 “no ánimo de impulsar, entre outros aspectos, infraestruturas esenciais para a mellora da competitividade do noso territorio”

• As reclamacións seguen a liña das presentadas polos deputados no Congreso, “nun traballo conxunto que ten como obxectivo corrixir o trato discriminatorio con Ourense” e incrementar en preto de 100 millóns de euros os orzamentos destinados á provincia

18, decembro, 2021.

Os senadores ourensáns Miguel Ángel Viso, Carmen Leyte e Francisco José Fernández veñen de presentar na Cámara Alta un paquete de emendas aos orzamentos xerais do Estado para reclamar máis investimentos na provincia “no ánimo de impulsar, entre outros aspectos, infraestruturas esenciais para a mellora da competitividade do noso territorio”. Un total de 30 emendas que forman parte das 195 iniciativas presentadas polos senadores galegos do grupo popular.

  
  
As reclamacións dos representantes ourensáns seguen a liña das presentadas polos deputados no Congreso, “nun traballo conxunto que ten como obxectivo corrixir o trato discriminatorio con Ourense”. Así, piden un incremento de preto de 100 millóns de euros nos orzamentos destinados á provincia, que ten consignados no proxecto orzamentario do próximo ano 157,5 millóns, “unha cantidade significativamente menor que a destinada polo goberno popular de Mariano Rajoy en 2018 e que se aproximaba aos 415 millóns de euros”.

Estas diferenzas “falan ben ás claras do compromiso dos gobernos populares con Ourense, mentres que agora imos ter que pagar a factura das peaxes do Goberno de Sánchez cos partidos que pensan en todo, menos no interese xeral de España e dos cidadáns e por suposto moito menos da nosa provincia e os seus habitantes”.

As emendas presentadas fan referencia, como no caso das rexistradas no Congreso, á variante norte de Ourense e ás autovías A-56 (Ourense-Lugo) e A-76 (Ourense-Ponferrada), así como á mellora da seguridade viaria na N-525 en Ribela (Coles), a reordenación de accesos na N-120 en Vilamartín de Valdeorras ou os carrís de adiantamento entre Os Peares e Ourense, ademais da bonificación de peaxes na autoestrada de conexión con Santiago de Compostela (AP-53).

No tocante ao ferrocarril, insisten os senadores na necesidade dunha estación de ferrocarril para mercadorías no polígono industrial de San Cibrao, a mellora das estacións da rede convencional na provincia e, sobre todo, a variante exterior do AVE en Ourense e as actuacións pendentes na estación da capital, máis urxentes aínda logo da inminente entrada en servizo da alta velocidade.

Tamén recollen outras iniciativas en materia de depuración de augas, conservación do medio natural ou turismo, ademais de esixir melloras no ámbito dos corpos e forzas de seguridade do Estado.
 
PRETO DE 200 EMENDAS PARA DEFENDER OS INTERESES DE GALICIA

Os senadores ourensáns puxeron en común estas iniciativas nunha reunión co resto de representantes galegos do grupo popular, presentando así un total de 195 emendas aos orzamentos xerais do Estado de 2022 “pola defensa dos intereses de Galicia, das galegas e dos galegos”.

O encontro, celebrado no Senado, permitiu profundar e reforzar algunhas das peticións comúns referidas á mellora de infraestruturas, transporte, cultura ou transición ecolóxica. 

Inciden ademais na discriminación de Galicia ao deixar de lado o Ano Santo Xacobeo. Neste sentido presentaron varias emendas dirixidas á creación do Plan Nacional do Xacobeo, referente a todos os Camiños de Santiago, outra para a promoción en Galicia e unha máis pedindo prolongar os beneficios fiscais do Xacobeo ata o remate de ano xubilar, é dicir 2022, tal e como se acordou por unanimidade de todas as forzas políticas no Congreso.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: