Esta web utiliza cookies, puedes ver nuestra política de cookies, aquí Si continuas navegando estás aceptándola
Política de cookies +
18 Congreso Autonómico
20 Congreso Extraordinario
Presidente Partido Popular de Ourense
Presidente Partido Popular de Ourense
Ourense Ten Presidente 2019
Programa Electoral 2015 - 2019
Congresos Locais
Congresos Locais 2016
XVI Congreso Partido Popular de Ourense
XVII Congreso Partido Popular de Ourense
congreso
XVI Congreso Partido Popular de Galicia
XV Congreso Partido Popular de Galicia
Revista Populares Ourense
Escola de ver‡n
Presidente Partido Popular de Ourense
Facebook

Blog

 O PP de Ourense aproba o orzamento de 2022, o máis alto da súa historia

Imprimir ppou - 17-Decembro-2021 - 20:50:53 


• A previsión económica do próximo ano, afirmou Manuel Baltar na reunión do comité executivo, “vai permitir levar adiante importantes proxectos como o cambio da sede principal do partido”

• O presidente provincial quixo destacar “o exercicio de transparencia absoluta que facemos cada final de ano diante da sociedade dando a coñecer os nosos orzamentos”

• Fixo un agradecemento expreso a toda a militancia e cargos institucionais e de representación polo apoio recibido “para dirixir un mandato máis ao partido de Ourense” 

17, decembro, 2021.

  
  
O comité executivo do Partido Popular de Ourense, reunido hoxe por vía telemática, aprobou o orzamento da formación popular para 2022 por importe de 425.500 euros, o máis alto da súa historia destacou o presidente provincial, Manuel Baltar, “o que nos vai permitir levar adiante importantes proxectos como o cambio da sede principal do partido, cuxas novas instalacións facilitarán o traballo orgánico da formación e unha axeitada atención aos nosos militantes”, cumprindo así “un dos compromisos que asumín no congreso provincial de setembro para este novo mandato”.

A cifra récord para o próximo exercicio, que tamén inclúe a nova sede popular do Carballiño, “demostra a xestión eficiente e rigorosa que estamos a facer desde hai anos para afrontar nas mellores condicións todos os procesos electorais ou, como no 2021, os congresos autonómico e provincial”, engadiu Manuel Baltar.

Non obstante e máis aló das cifras, para o presidente provincial un dos aspectos que cómpre subliñar é “o exercicio de transparencia absoluta que facemos cada final de ano diante da sociedade ourensá dando a coñecer os nosos orzamentos, como tamén faremos dentro dunhas semanas coa liquidación do presente exercicio, algo nunca visto noutras formación políticas”.

Manuel Baltar fixo un novo agradecemento expreso a toda a militancia, cargos institucionais e de representación e alcaldes e portavoces polo apoio recibido “para dirixir un mandato máis ao partido de Ourense, que no próximo ano vai imprimir alta velocidade á preparación das eleccións locais de 2023”.


(0)  Comentarios

Se desexa escribir comentarios pode crear unha conta aquí. aquí.

Suscíbete:
Redes Sociales: