Noticias
Blog
Os veciños piden a Rosendo Fernández solucións para as rúas Orcellón e Esgos, no Barrio da Cruz Alta
O candidato popular á Alcaldía de Ourense, Rosendo Fernández, liderou o mitin que tivo lugar onte na asociación de veciños Agarimo, no barrio da Cruz Alta. Alí estivo acompañado polo edil Francisco Javier Rodríguez Nóvoa e pola concelleira e candidata Belén Iglesias.Durante o encontro, os veciños manifestaron a Rosendo Fernández a súa preocupación pola situación das rúas Orcellón (demasiado estreita para a fluidez do tráfico rodado) e Esgos, tamén necesitada dun ensanche e para a que o PP deixou no 2007 unha partida de 150.000 euros para este fin. O bipartito gastou estes cartos noutros asuntos municipais e quedou o ensanchamento sen facer.
No mitin, Rosendo Fernández tamén se comprometeu a estudiar a posibilidade de sacar a concesión o parking do Auditorio, contemplando deixar unha porcentaxe de prazas para os veciños da zona.
Unha hora antes, Rosendo Fernández presidiu un mitin na asociación de veciños Portovello-As Lagoas, onde estivo acompañado polos candidatos Miguel Abad e Beatriz Tejada. Alí se puxo de manifesto o carácter residencial do barrio, cunha presencia importante de persoas maiores e de rapaces. Este segmento poboacional demanda infraestructuras coma bancos, parques infantiles máis modernos e dotados e marquesinas nas paradas do transporte público, entre outras. Estas demandas prometeron ser atendidas por Rosendo Fernández trala súa chegada á Alcaldía. De igual xeito, o candidato popular sinalou a necesidade de atender con especial esforzo aos colectivos cidadáns en risco de exclusión social. "A crisis económica que vivimos en España, exacerbada polas políticas erráticas do PSOE de Zapatero, castiga especialmente ás persoas máis vulnerables, que se ven obrigadas a acudir a institucións coma Cáritas ou Cruz Vermella demandando axudas para subsistir", expresou Rosendo Fernández durante a súa intervención, que prometeu maiores axudas dende a Administración Local durante o Goberno Municipal do Partido Popular.
Por último, o candidato popular indicou que pese ao seu empeño de liderar un goberno austero que elimine de raíz os gastos superfluos do Bipartito, "a austeridade nunca estará reñida coa eficiencia".